Festexamos

DÍA MUNDIAL DA POESÍA E DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES 2018

O pasado 21 de marzo, nada máis comezada a primavera, celebramos O Día Mundial da Poesía proposto en 1998 pola UNESCO, que se celebra cada 21 de marzo (equinoccio de primavera, no Hemisferio Setentrional) co propósito de consagrar a palabra esencial e a reflexión sobre o noso tempo.

 

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou esta mesma data, o 21 de marzo, como data de celebración do Día Internacional dos Bosques. Este día de celebración mundial dos bosques bríndanos a oportunidade de concienciármonos sobre a importancia de todos os tipos de ecosistemas boscosos e árbores, e de celebrar os diferentes xeitos nos que os bosques nos manteñen e protexen.

Deste xeito quixemos escenificar a importancia destas celebracións cun “TENDAL DE FOLLAS” no que todos os alumnos e alumnas do cole penduraron follas feitas por eles e elas, das nosas árbores autóctonas, e nervadas con poesía nun “tendal natural” xunto ás nosas queridas e apadriñadas árbores do cole.

Ecos do 8 de marzo: "Día Internacional da Muller"

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, no colexio realizamos unha morea de traballos para a súa conmemoración. Por unha banda adicamos este día a investigar sobre as mulleres deportistas , adaptando esta data ao noso PDI: "Vivindo san no cole Frian".

O propio día 8 de marzo, colocamos os nosos traballos nun mural colaborativo e cantamos todos xuntos a nosa canción favorita.

O xoves 15, tivemos a gran sorte de desfrutar no cole da presencia de Susana Rodríguez, deportista viguesa de triatlón.

Susana contounos como levou a cabo o seu sono de poder ir a unha olimpíada. Deleitounos cunha exposición que deixounos abraiados da súa capacidade de superación.

Grazas Susana por compartir connosco o teu entusiasmo polo deporte!!

 

Todo este traballo sobre as "mulleres deportistas" concéntrase no seguinte genially:

8 de marzo, "Día da Muller traballadora"

Hoxe 8 de marzo de 2018 celebramos no noso colexio o "Día da Muller". Nesta ocasión o noso recordo foi para mulleres deportistas destacadas en diferentes disciplinas e para as mulleres máis importantes nas nosas vidas.

O equipo de Educación Física propúxonos distintas posibilidades de Mulleres deportistas relevantes de todos os tempos; cada curso fixo a súa elección e despois de traballadas na aula tocou colocalas no taboeiro para que todos e todas poidan desfrutar dos traballos.

Todos e todas xuntos/as cantamos no patio "Son muller" de Máis boas que as patacas.

Feliz día da Muller e que todos os días sexan 8 de marzo!

O noso homenaxe no Día de Rosalía de Castro, 2018

 

O 24 de febreiro homenaxeamos a nosa Rosalía de Castro, e como non podía ser doutro xeito, no cole recitamos poesía. No tempo de ler, por megafonía, todo o cole escoitamos poemas propios de Rosalía ou poemas inventados polo alumnado.

Podedes disfrutar dun anaquiño desta actividade no seguinte vídeo:

GRAZAS ROSALÍA DE CASTRO!

ENTROIDO 2018!

 

 

 

Este curso 17/18 atendendo ao noso P.D.I. "Vivindo san no cole Frian", convertemos o patio do colexio nun circuíto de carreira saudable, cunha meta moi visible onde recibiron todos e todas os/as participantes a súa medalla de supersaudable.

Enchemos o patio de sandías, piñas, amorodos, mazás, cenorias, como podedes observar un completísimo avituallamento; servizos sanitarios, medallas e corredores/as.

 

Representantes dos distintos grupos da carreira saudable na liña de meta

Un grupo de pais, nais, mestres/as e achegados/as puxeron a música ao evento, coma sempre grazas por colaborar!

 

Aquí vos deixamos as primeiras fotos:

 

 

Prerarándonos para desfrutar do Entroido:

 

 

Algúns momentos da carreira saudable:

 

 

Aquí vos deixamos como viviron os pequenos de Infantil a celebración do Entroido, tanto antes como despois da carreira supersaudable . Non o podedes deixar de ver !!!

 شكرا لك علي الموضوع الحلو جدا وعلشان كدة عايزك تشوف

موقع
الحلوة

احسن موقع فيه ديكور و رسائل حب و رسائل حب و صور اطفال صور اطفال
مجلة الحلوة مجلة جميلة جدا فيها كل المواضيع وفيها مواضيع بتهتم بالصحة و آخر الأدوية والعلاجات
صحة وكمان عندنا اسماء بنات و اسماء اولاد

اسماء اولاد تركية
اسماء اولاد من القرآن الكريم
كيف ان تعرف الشخص يحبك في علم النفس
كيف اعرف انه يحبني
ولعلاج الضعف عند الرجال وضعف الانتصاب يمكنك استخدام حبوب
جنتابلكس

لبوس كافاسيد

كروماكس
مسكادول
كونكور
رجيم الكيتو دايت
اسباب تساقط الشعر

الحلوة
الحلوة
الحلوة
الحلوة
الحلوة
الحلوة
الحلوة

الحلوة

الحلوة

الحلوة

الحلوة
الحلوة
الحلوة
الحلوة
الحلوة
الحلوة
الحلوة
الحلوة
الحلوة
الحلوة
الحلوة الحلوة الحلوة
الحلوة

 

Coplas do entroido

Powered by Drupal - Design by artinet