Publico as instruccións e o material necesario para xogar a Fitness Bingo. O único que se necesitan son os taboleiros e as cartas. As fichas pódense facer con pelotas de papel.
Son 24 exercicios, se non se recoñecen polo nome podedes ver o vídeo con todas as actividades que veredes mais abaixo.
Publícovos as tarefas que poden realizar os vosos fillos e fillas durante estas semanas que estaremos en casa. Son voluntarias pero é aconsellable para o alumnado desta idade facer un mínimo dun par de horas á semana de exercicio físico.
A información está nun "padlet" pero tamén volo subo como archivo adxunto en pdf para quen o prefira así. enlace
Un saúdo e espero que esteades moi ben todas as familias