Skip to Content

4º Infantil

ACTIVIDADES MUSICAIS E OBRADOIRO DE COCIÑA.

 

     Boas familias! Que tal estades? Esperamos que o mellor posible xa que esta situación é moi complicada de levar, cada vez máis.

     Nós seguimos aquí e volvemos con forza para superar este confinamento con propostas como as que propoñemos a continuación. Esperamos que desfrutedes facéndoas. Recordade que son actividades voluntarias e que podedes gravalas ou sacarlles unha fotografía e envialas ao seguinte e-mail: bolboretafeiticeira@gmail.com (e-mail da profe de música, Bea). Agradecemos que indiquedes o voso nome e a clase a que pertencedes ou o nome da titora.


A por elas! Moito ánimo!

Clicade nas imaxes para acceder:

 

 

 

 

APLICACIÓNS INTERESANTES PARA EDUCACIÓN INFANTIL

 

    Boas familias!

    Esperamos que levedes o confinamento o mellor posible!

    Hoxe comezarían as vacacións pero a situación para todos non vai cambiar xa que debemos seguir na casa. Para levar esta semana un pouquiño máis amena e entretida informamos que a Editorial Santillana volve a compartir uns materiais interesantes para o alumnado. Trátase de dúas APP que valen para Tablet, PC, Android, Apple. Para descargalas tedes que entrar en Google Play para Android y en Apple Store para IOS. 

    Clicade na imaxe para acceder a toda a información e aos enlaces:

 

                            

 

MOITO ÁNIMO! SEGUIDE ASÍ! ESTADES FACÉNDOO XENIAL!Risa

ÁNIMO FAMILIAS! XUNTOS SUPERAREMOS ESTA SITUACIÓN!Sorriso

Misión imposible con Andrés: segunda parte

Velaquí tedes a 2ª parte de "Misión Imposible con Andrés". Animádevos a practicar os retos!
Estade atentos e atentas porque a vindeira semana teredes novas sorpresas!

 

RECURSOS EDUCATIVOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

 

 
     DISPONÉIS DE MUCHOS RECURSOS EDUCATIVOS EN LOS SIGUIENTES BLOGS
 
 
 
 
 
     EN ELLOS ENCONTRARÉIS, ENTRE OTROS, JUEGOS, VIDEOCUENTOS Y DIVERSAS ACTIVIDADES ONLINE.

ACTIVIDADES MUSICAIS E CREATIVAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

 

ACTIVIDADES MUSICAIS E CREATIVAS

 

     Todas estas actividades podedes gravalas ou sacarlles unha fotografía e envialas ao seguinte e-mail: bolboretafeiticeira@gmail.com (e-mail da profede música, Bea). Agradecemos que indiquedes o voso nome e a clase a que pertencedes ou o nome da titora.

Clicade no poema da primavera para acceder as actividades musicais:

 

 

 

 

E na seguinte imaxe para acceder ao obradoiro de sombras:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut