Skip to Content

Información de secretaría

Documentos relacionados con temas de secretaría

Documentos formalización matricula de alumnado de nova incorporación

 

O alumnado que obtivo praza para o curso 2021/2022 terá que formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño entregando a seguinte documentación:

 

 

 

  • Alumnado de 3 anos: enquisa de escolarización,  anexo III, autorización recollida, autorización dereitos de imaxe e dúas fotos (unha pegada na enquisa) e autorización saídas

 

  • Resto do alumnado de infantil: anexo III, autorización recollida, autorización dereitos de imaxe e  autorización saídas
  • O alumnado de primaria:anexo III,autorización dereitos de imaxe e autorización de saídas

 

NOTA: As titoras  do alumando de 4º educación infantil convocarán ás familias a unha reunión no mes de setembro para propoñer a realización dunha cooperativa de aula, que será explicada nesta reunión, na que as familias votarán a súa aprobación

 

TRÍPTICO                                  AUTORIZACIÓN RECOLLIDA

DEREITOS IMAXEN                   ENQUISA

ANEXO III                                  AUTORIZACIÓN SAÍDAS

ATENCIÓN AO ALUMNADO DO GRUPO DE INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA EN CATÁSTROFES E EMERXENCIAS

Estimadas familias!

Comunicámoslles que o luns 21 de xuño o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias ten previsto realizar unha sesión de apoio no propio centro escolar para o alumnado de 6ºA e 6ºB. Para poder recibir esta axuda terapéutica é preciso autorización materna e paterna, ou no seu caso, dos titores/as legais, e traer o documento debidamente cuberto e asinado o vindeiro luns 21.

Poden descargar o documento de autorización no seguinte enlace.

                                     O EQUIPO DIRECTIVO

ENLACE

AVISO IMPORTANTE

CON MOTIVO DOS TRES DÍAS DE LOITO DECRETADOS POLA CONSELLERÍA A CAUSA DO TRÁXICO SUCESO ACONTECIDO , O CENTRO VAI PERMANECER PECHADO.

 

A PARTIR DO LUNS, 21 DE XUÑO, O HORARIO SERÁ O HABITUAL.

O EQUIPO DIRECTIVO,

NOTA INFORMATIVA

NOTA INFORMATIVA

 

Tralo tráxico suceso acontecido hoxe, a Comunidade Educativa do CEIP FOGAR lamenta profundamente e manifesta a súa dor, respecto e solidariedade coa familia do noso alumno Carlos.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de decretar tres días de loito oficial no noso centro. Quedan así suspendidas as actividades lectivas dende mañá mércores 16 até o venres 18 de xuño.

As clases reanudaranse o vindeiro luns 21 de xuño.

 

                                                          O Equipo Directivo do CEIP FOGAR

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

No seguinte video os alumnos/as de infantil mostran como é o noso colexio

(fai clic nas imaxes para ver o vídeo)

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut