lazo verde

NADAL 2023

Decembro comezou cunha gran sorpresa: un calendario de advento con forma de árbore de Nadal.

Decoramos a porta da aula para que nos servise como "photocall" e facer unha fotiño coa que sorprendervos na postal de Nadal.

IMG-7686

Pero isto non foi todo!!!

Aquí podedes ver os vídeos da actuación de Nadal interpretando dúas panxoliñas: "Polo Nadal" e "Rodolfo, el reno" en lingua de signos. Que simpáticos estiveron os nosos laciños!!!

Que guapísimos/as con esas garabatas!!! 

Agradecer á familia de Dani o agasallo: unha fermosa árbore de Nadal para que cada amiguiño/a colocase un adorno. Encantoulles!!

IMG-7729 IMG-8397

Tamén á familia de Eva por regalarnos para a biblioteca da aula o fermoso conto "Caer de cu polo universo", de Estíbaliz Espinosa.

IMG-6554

E Susana remata as súas prácticas de Maxisterio. Agradecerlle todo o seu cariño e axuda durante este trimestre. Os laciños verdes e eu botarémoste moito de menos!!!

Boas Festas familias!!!

DÍA DA DIVERSIDADE (3 DE DECEMBRO)

Para conmemorar esta data fixemos diferentes actividades.

Unha marabillosa maneira de sensibilizar aos nenos/as sobre a diversidade é a través dos contos. Traballamos "¿Quién soy yo?", de Paula Vásquez, e "Por cuatro esquinitas de nada", de Jerome Ruillier, que son un recurso xenial para aceptar as diferenzas, a integración e para entender que "todos somos diferentes, todos iguais".

Coñecemos a linguaxe Braille coa axuda da profe Concha. Aprendemos e familiarizámonos coa linguaxe de signos interpretando a canción dos días da semana coa profe Sonia, e facendo un circuíto a cegas con cadeira de rodas para desenvolver actitudes positivas cara este alumnado e poñerse no seu lugar. Para superar as probas do circuíto precisaban uns dos outro. Non hai mellor maneira de fomentar a empatía, a axuda e o traballo en equipo.

Bo traballo laciños verdes!!!

E  grazas compañeiras polo voso traballo!! Foron unhas sesións dunha gran aprendizaxe!!!

ANIVERSARIO DE ERICK e HAVVA

Celebramos conxuntamente os aniversarios de Erick e Havva, que xa teñen 3 aniños.

Moitos parabéns!!!

25N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para promover valores encamiñados a igualdade de xénero traballamos o conto “Maruxa”, de Eva Mejuto, que nos permite traballar a coeducación, e foi premiado na categoría "Best Illustrations Cookbook", na súa edición en galego, por unir gastronomía e literatura.

Como primeria actividade, baixo o lema “Traballo e descanso sempre en companía”, lanzamos ás familias o reto de que nos aportasen fotos onde se vise ao alumnado compartindo os quefaceres diarios e outras desfrutando do tempo de lecer. Con todas estas fotos fixemos seis casiñas pola igualdade, unha por cada laciño. 

Como segunda actividade, para conmemorar o día da igualdade, decidimos facer un taller de cociña coa receita de Maruxa para facer pan. Despois de tanta fariña e tanta masa... unha gran sorpresa nos agardaba!!! Un enorme laciño da igualdade feito de pan, co que os laciños verdes e amarelos convidamos aos laciños de catro e cinco anos. 

IMG-5509

Dende aquí, agradecer a panadaría “A Peneira” por elaborarnos este laciño de pan.

Déixovos un resumo deste día, que de seguro vos sacará máis dun sorriso:

ANIVERSARIO DE DANIELA

A nosa amiguiña Daniela xa ten 3 aniños!!!

 

Moitos parabéns!!!

MAGOSTO

O venres, 10 de novembro, tivemos festa rachada festexando o Magosto!!!

Degustaron unhas riquísimas castañas con batido de chocolate e, despois, música e baile con Donaire.

Mirade que ben o pasaron!!!

                                                 Grazas familias polas castañas, a leña e as cestiñas!!!

ANIVERSARIO DE BRAIS

Nesta ocasión desexámoslle felices 3 aniños a Brais!!!

Moitos parabéns!!!

DESPEDIDA PROFE BEGOÑA

O martes 31 despedimos á profe Begoña rodeada de todos os laciños. Que sexas moi feliz!!!

Botarémoste de menos!!!

O NOSO SAMAÍN

Por fin chegou o tan agardado día, o martes 31!!!

Grazas familias por esa preciosidade de cabazas que fan que sexa unha festa chea de maxia e por axudarnos a manter viva esta tradición!!!

Feliz Samaín!!!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O día 24 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares e, para celebralo, participamos no III Concurso de Caixas Literarias Sorpresa.

Así se xoga:

  • Cada aula escolle un conto en galego.

  • Despois atopa ou crea cousiñas para meter na caixa que representen o conto e que permitirán adiviñalo.

  • O resto do alumnado do seu nivel ten que descubrir que contos se agochan nas caixas.

Os laciños verdes puxéronse mans a obra e, traballando en equipo, conseguiron elaborar esta caixiña literaria sorpresa, na que se agocha o conto de “Pete, o gato. I love my white shoes”. Un gatiño que non ve problemas, ve solucións e nunca perde o seu bo humor.

Agora toca xogar a adiviñar que conto esconden o resto de caixiñas elaboradas polos outros laciños de Infantil.

Que preciosidade de caixiñas literarias!!!

E, un curso máis, as mochilas viaxeiras comezaron a súa andaina...

IMG-2898

Powered by Drupal - Design by artinet