Ed. física

Xornada no Camiño

Outro curso e outro grupo de quinto que disfruta desta actividade no Camiño de Santiago. Unha ruta entre Furelos e Ribadiso, complementada este ano coa visita a Santiago de Compostela. Unha xornada completa de actividade en grupo con moita actividade física na natureza e tamén cultura e tradicións. Deixámosvos unha pequena mostra das vivencias da xornada.

Actividade náutica con sexto

Vela Sexto B y C de Pablo Rey

 

"Atlantico, parte de ti" é o nome da actividade de bautismo de mar no ámbito da vela que organiza por segundo ano consecutivo o Concello de A Coruña en colaboración cos clubes de vela da cidade. Nesta ocasión, foi o clube de vela de Oza o que recibíu na praia de Oza ao alumnado de sexto A. Fixemos vela en barcos optimist e tamén windsurf. Como veredes o pasaron xenial e o disfrutaron moito. O alumnado de B y C foron en maio á zona do Dique de Abrigo e tamén aprenderon a navegar a vela no seu bautismo de mar.

 

A toda vela!! de Pablo Rey

Día da Educación Física en María Pita

Neste 2023 quixemos recuperar a idea non realizada do ano da pandemia polo COVID. Realizamos unha complexa organización entre os seis centros participantes para xogar entre todos-as a catro deportes emerxentes e novedosos que comezan a introducirse no ensino dende hai poucos anos, son Kinball, Noqball, Datchball e Tag Rugby. Así os colexios de Victor López Seoane, Salesianos, San Pedro de Visma, Novo Mesoiro, Curros Enríquez e Juan Fdez Latorre conmemoramos o Día da EF na rúa, solicitando máis horas de EF nos colexios e máis e mellores instalacións deportivas na cidade. Agradecemos a colaboración ao COLEF- Galicia, ao CRAT Coruña e ao Concello de A Coruña.

 

Mandalas corporales

Por segundo ano consecutivo, e por iniciativa das mestras de cuarto, e xa que estaban a traballar as mandalas dentro da asignatura de plástica, intentamos realizar en educación física, diferentes propostas de mandalas animadas co corpo e outros elementos materiais do ximnasio para crear composicións que podedes visionar no seguinte vídeo, e onde veredes que o alumnado de cuarto conta cunha excelente coordinación, ritmo, creatividade e tamén paciencia.

 

Quiddicht con 4ºEP

Aproveitando sinerxias, invitamos aos integrantes do equipo dos DEMENTORES de Coruña, campións de España de quiddicht, a que intentasen ensinarnos como xogar a este deporte que ten as súas raices nas películas de Harry Potter. E vaia que aprendemos! e gustou ao alumnado de cuarto, e seguro que tamén o practicaremos con outros alumnos-as doutros cursos. Deixamos unha pequena mostra no seguinte vídeo e agradecemos aos DEMENTORES a súa labor de divulgación deste deporte e dun xeito desinteresado.

Datchball con 4ºEP

Un novo deporte, inventado por un mestre de Aragón, e que está entrando con forza nos coles de toda España pola súa boa acollida por mestres e alumnado. Por primeira vez implementado nas aulas do Fdez Latorre, e polo éxito acadado, seguro que chegou para quedarse. O alumnado de 4ºEP, disfrutou ao máximo na xornada final do torneo celebrado o venres 25 de novembro. Aquí queda constancia nas seguintes imaxes.

 

Mini Olimpiada 6ºEP 2022

Terminamos a UD de atletismo con 6ºEP, e como é habitual dende hai 10 anos o celebramos cunha xornada lúdica nas pistas de atletismo da Universidade de A Coruña, entidade coa que colaboramos dende hai moitos anos. Cansados pero contentos, así podemos definir como terminou todo o alumnado de 6ºEP.

 

No Xacobeo con 5ºEP

Un curso máis o alumnado de 5ºEP participou nesta actividade física e cultural, que ademáis este curso coincide co Xacobeo 22, razón pola que decidimos extraordinariamente chegar ata Santiago e visitar a Catedral. Semella que a actividade foi todo un éxito e o podedes comprobalo visionando o vídeo despois de facer clic na imaxe.

Día da EF na rúa

Despois de dous anos de parón pola pandemia, o pasado venres 29 de abril celebramos, xunto con outros cinco centros educativos, o Día da EF na rúa na Praza de María Pita. Trátase dunha actividade que se realiza en toda España e que pretende visibilizar a necesidade e importancia de aumentar as horas de educación física no ámbito educativo. O alumnado de sexto de primaria foi o encargado de realizar diferentes actividades durante as dúas horas que durou o acto.

Mandalas co alumnado de cuarto

Con esta actividade complementamos o traballo realizado en plástica polo alumnado de cuarto. Esperamos que vos agrade.

Powered by Drupal - Design by artinet