Ed. física

XOGOS POPULARES A CAPELA 4ºA

Este mércores 15 de maio, a clase de 4º A foi visitar o CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS, que está no CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO, A Capela.

Estivemos xogando e compartindo experiencias con Xabier, o seu mestre de E.F, e coa súa clase de 3º primaria, que fixeron de mestres e mestras estupendamente.

Aquí vai unha pequena mostra do ben que o pasamos e de todo ao que xogamos!!!!

 

CONCURSO DE GIMNASIA ARTÍSTICA 4º PRIMARIA

QUIERES VER NUESTRO CONCURSO DE GIMNASIA???

ENTRA EN EL BLOG:

"COSAS DE EDUCACIÓN FÍSICA"

Fase Provincial de campo a través

O sábado 16 de febreiro o equipo alevín feminino e Anxo na categoría alevín masculina participarán nesta importante xornada deportiva. Podedes consultar as normas da proba AQUÍ

Na Intercomarcal de Campo a Través

Hoxe sábado participamos cos alumnos-as de 3º e 5º de primaria (benxamíns e alevíns). Os resultados foron excelentes, xa que o equipo alevín feminino quedou segundo e correrán no campionato provincial, ao igual que Anxo, ao que a súa sexta posición na carreira otórgalle o dereito a participar na seguinte proba. As nenas e nenos benxamíns fixeron unha vez máis unha estupenda carreira na que derrocharon esforzo e ilusión. Norabóa campións.

Fase Intercomarcal de Campo a Través

Será o sábado 26 de xaneiro en Acea da Ma. Se clasificaron os equipos benxamín feminino e masculino, alevín feminino e Anxo de 5ºEP. Picade aquí para ver as normas desta xornada.

Xornada comarcal de campo a través.

O sábado 12 de xaneiro arredor de coarenta alumnos-as do Colexio participaron na segunda xornada comarcal de campo a través enmarcada no Deporte Escolar da Xunta de Galicia. Unha proba que require gran esforzo e superación persoais. Norabóa aos participantes.

Campo a Través 2012-13

Facendo clic na imaxe podedes cosultar todos os datos relacionados coas carreiras do vindeiro 15 de decembro na Torre.

XOGOS POPULARES A CAPELA 2ºA

E volvimos outra vez a A Capela, esta vez coa clase de 2ºA. E como non podía ser doutro xeito...PASÁMOLO XENIAL!!!.

Estivemos xogando cos nosos "profes preferidos", os nenos e nenas de 2º, que fixeron prefectamente o seu papel.

Deixámosvos as fotos que fixemos que reflexan moi ben todo o que xogamos.

XOGOS POPULARES A CAPELA 2ºB

A clase de 2ºB estivo no Ceip Mosteiro de Caaveiro, A Capela - Ferrol. Nese cole está o Centro de Interpretación do Xogo Tradicional, que pretende conseguir entre outras cousas manter o noso patrimonio lúdico. Os nenos, nenas, profesorado, pais e nais están involucrados totalmente neste proxecto e temos a sorte de que o comparten con todos aquelos que queiran. Estivemos xogando toda a mañá cos nenos e nenas de 2º que fixeron de "profes" por un día. Deixamos aquí unha mostra do ben que o pasaron.

Powered by Drupal - Design by artinet