Ed. física
Un día con quinto no Camiño
Por fin o martes 3 de xuño realizamos o tramo do Camiño Francés entre Furelos e Ribadiso. Día espléndido para camiñar, peregrinos de moitos lugares do mundo e a nosa intensa paixase contemplándonos paso a paso.
Actividade de ciclismo
O 28 e 0 30 de abril disfrutamos na clase de educación física da presencia de Gonzalo Rabuñal, ex ciclista profesional galego, con participacións en moitas probas internacionais, entre as que destacan a Volta a España e o Giro de Italia.
Mostrounos aspectos de seguridade, técnicos, de vestimenta, curiosidades, en fin, un montón de cousas sobre o mundo do ciclismo.
SAÍDA A CAPELA
O xoves 23 de xaneiro, os alumnos/as de 2º A visitamos o CEIP Monasterio de Caaveiro na Capela. Xabier mestre de E. Fisica explicounos as actividades que iamos facer durante a mañá. Alumnos/as de 1º ciclo do colexio da Capela foron os encargados de dicirnos como tiñamos que facer nas distintas actividades. Fixemos o recreo todos os alumnos/as e aproveitamos para coñecer outros xogos.
Atletismo en pista
O 20 de novembro o alumnado de 6ºEP realizou unha xornada de atletismo nas pistas universitarias de Elviña, como colofón á unidade didáctica de atletismo na que traballamos dende o inicio de curso. A valoración foi moi positiva por parte de todos. Dende aquí agradecemos á Universidade da Coruña a cesión destas instalacións.
A visita dos xogadores do Basket Coruña
Aquí tedes un pequeno vídeo dos mellores momentos da visita que realizaron ao noso Centro o día 19 de novembro.
Actividade lúdica de judo
Os días 26 e 27 viñeron ao Colexio Alex e Juan profesores de judo que moitos xa coñecedes. Nesta ocasión a idea foi a de promocionar, unha vez máis, unha práctica deportiva que conta con moitos beneficios recoñecidos, e ademáis inculca importantes valores deportivos e sociais. O alumnado de 1º, 2º e 3º foi o obxectivo desta iniciativa. Continuaremos achegando a todos a posibilidade de coñecer diferentes disciplinas deportivas.
XOGOS POPULARES A CAPELA 4ºA
Este mércores 15 de maio, a clase de 4º A foi visitar o CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS, que está no CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO, A Capela.
Estivemos xogando e compartindo experiencias con Xabier, o seu mestre de E.F, e coa súa clase de 3º primaria, que fixeron de mestres e mestras estupendamente.
Aquí vai unha pequena mostra do ben que o pasamos e de todo ao que xogamos!!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »