Taboleiro

Campaña solidaria con Equus Zebra

Dende a web, queremos agradecer a vosa desinteresada colaboración coa ONG Equus Zebra, na campaña de recollida de roupa que remata este martes 12 de maio. O certo é que sorprendeu a gran cantidade de kilos de roupa depositados no Colexio, e que agardamos que sirvan para mellorar a situación de moitas familias que están a pasar dificultades.

 

Horto escolar

Coa recente ganancia de terreos decidimos, dun xeito experimental, implementar ás actividades educativas un pequeno horto, cun eminente carácter educativo. Ata final de curso, gran parte do alumnado está a plantar diferentes productos (cebolas, calabacíns, tomates, leitugas, etc). Agardamos a nosa "primeira colleita" para antes da finalización do curso. Estade atentos!!

Simulacro de evacuación

O mércores 29 de abril realizamos, como está establecido anualmente, o simulacro de evacuación do Colexio. Destacamos unha vez máis, o escaso tempo que foi necesario, 3 minutos e coarenta segundos. 

Destacamos ao alumnado - 475 -, que realizou a evacuación do edificio seguindo as normas establecidas, colaborando co profesorado na correcta realización desta actividade.

ENTROIDO 2015

A PINTURA, este foi o tema central sobre o que tratou o Festival de Entroido celebrado o venres 13 de febreiro. O certo é que o único que non acompañou foi o tempo, pero como dí o refrán, "a mal tempo boa cara", e o resultado foi excelente. Unha vez máis, o traballo en conxunto deu os seus froitos, e poidemos disfrutar dunhas actuacións magníficas, con excelentes e orixinais coreografías e uns disfraces sorprendentes e cheos de colorido. Grazas ao alumnado, profesorado e familias pola colaboración e o entusiasmo posto nesta actividade.

Empezan as clases de PROA

Máis tarde que en anos anteriores, pero finalmente o mércores 11 de febreiro iniciamos as clases de apoio polas tardes para 4º, 5º e 6º de Primaria. Esta actividade de reforzo para este alumnado é o froito da participación do Colexio nos Contratos Programa da Consellería de Educación. O obxectivo principal é o de axudar ao alumnado, que precisa de máis apoio e reforzo, a mellorar na adquisición das competencias matemática e linguística.

  • 4º EP: Mércores e venres de 16 a 18 H
  • 5º EP: Martes de 16h a 18.30h e xoves de 16h a 17.30h
  • 6º EP: Luns de 16h a 18.30h e xoves de 17.30h a 19h

Construindo cultura de Paz

Día de inverno este 30 de xaneiro de 2015, Día Escolar pola Paz. Por suposto que non impedíu, que despóis de dous días de mercadillo solidario de xoguetes, culmináramos a conmemoración cun bonito acto, todos xuntos, no corredor do edificio. Construímos a nosa persoal cadea de compromisos por un mundo en paz, toda unha declaración de principios que pretendemos manter durante todo o ano. Grazas pola colaboración, e agardamos pronto contaros que coa vosa aportación os nenos de Guinea Bissau teñen unha nova escola na súa aldea.

Mercadillo solidario de xoguetes

O xoves 29 e o venres 30 de xaneiro teremos no Colexio un mercadillo de xoguetes. Trátase de que o alumnado aporte algún xoguete ou libro propios, e despois poidamos montar unha especie de mercadillo, e eles poidan mercar todos os xoguetes. Os cartos obtidos destinaranse á reconstrucción dunha escola rural na aldea de Kassolo, en Guinea Bissau, do mesmo xeito que hai dous anos colaboramos na construcción doutra escola en outra aldea do pais.. Esta actividade realizámola en colaboración coa ONG "Miradas al Mundo".  Tamén o xoves 29 virá ao Colexio Bebe, orixinario de Guinea Bissau para contarlle ao alumnado de 5º e 6º como é a vida no seu pais.

Nova decoración na zona infantil

Dende o 12 de xaneiro, todos podemos disfrutar do mural infantil no patio cuberto realizado por Chema, grafitero ferrolano, que como podedes ver realizou un traballo artístico cunha temática infantil baseada no mundo da natureza. Pronto completará o traballo coa decoración das columnas do patio.

Agradecemento do Refuxio de Padre Rubinos

A responsable desta institución benéfica coruñesa, coa que colaboramos antes do nadal, cunha recollida de alimentos, enviounos unha carta agradecendo a colaboración prestada.

Estimad@s alumn@s del Colegio Juan Fernández Latorre,

Mi nombre es Silvia Valle y dirijo el Albergue Padre Rubinos.

Me dirijo a vosotros porque ayer estuvimos recogiendo la colecta que habéis hecho para nosotros esta Navidad. Quiero agradeceros vuestra colaboración, es muy importante para nosotros.Este año hemos abierto la nueva sede, y eso ha supuesto un incremento en el número de usuarios que se acercan a nuestras instalaciones a pedir ayuda; por eso necesitamos todos los recursos que podamos reunir. Por eso es especialmente importante vuestra colaboración.

Gracias por vuestra generosidad, por acordaros del Refugio; gracias a vuestros padres y profesores por potenciar esos valores en vosotros. Con esta colaboración estáis contribuyendo a crear una realidad mejor, un mundo más justo.

Una vez más, muchas, muchas gracias por vuestra ayuda. Espero que nos veamos pronto.

Un fuerte abrazo

Powered by Drupal - Design by artinet