Taboleiro

Simulacro de evacuación

O venres 22 de novembro realizamos o simulacro de evacuación previamente planificado. Nesta ocasión non houbo atrancos intencionados na organización do mesmo, o que nos levou a conseguir desaloxar o Colexio en menos de 3 minutos, o que supón todo un record. O comportamento do alumnado e o seguimento das normas establecidas pola súa parte, para esta actividade foi excelente en xeral. Norabóa.


Curtametraxes e Listen and Speak

A partires do luns 14 de outubro, e ata decembro, comeza a actividade de Creación de curtametraxes en língua galega para 6º de primaria, os luns e mércores de 17,10 a 18h.

Tamén empeza nesa semana Listen and Speak co seguinte horario:

- 3º e 4º de Primaria os luns e mércores de 16 a 17h.

- 5º e 6º de Primaria os martes e xoves de 17 a 18h.

Programa Educa Saúde

Dende outubro e ata finais de decembro o noso Colexio será beneficiario do desenvolvemento deste programa municipal, que consiste en diferentes charlas educativas e informativas para o alumnado e as familias, con temáticas diversas; médica, afectivo-sexual, educación social, emocional, etc. As charlas para o alumnado serán polas mañáns, e para as familias polas tardes de 4 a 5,30h, contando coa posibilidade de deixar aos nenos-as realizando talleres paralelos. Dende aquí os animamos a participar acudindo ás diferentes charlas, onde encontraredes unha importante axuda na tarefa de educar na familia.

Circular de inicio de curso

O mércores 11 de setembro iniciamos o curso 2013-14 con normalidade, pero sobre todo con moita ilusión e gañas de que todo funcione o mellor posible.

Recibimos a visita, para inaugurar o curso, da Delegada Provincial, do Xefe da Inspección Educativa de A Coruña e da na nosa inspectora. Acompañados polos medios de comunicación fixemos un percorrido polas instalacións e as aulas do Colexio, e tiveron ocasión de falar con alumnos e profesoras.

Como todos os comezos de curso entregamos a importante circular de inicio na que atoparedes información moi útil durante todo o curso. Deixamos unha copia aquí para que a consultedes en calquera momento.

Listaxes de material

EDUCACIÓN INFANTIL: A relación de materiais entregouse no mes de xuño. Finalmente a entrega por parte das familias pode ser o xoves 5 de setembro de 10 a 12h e o luns 9 de 10 a 11,30h.

1º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. No documento veñen os días de entrega.

2º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. No documento veñen os días de entrega.

3º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

4º ED.PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

5º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

6º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

CONCURSO DE GIMNASIA ARTÍSTICA 4º PRIMARIA

QUIERES VER NUESTRO CONCURSO DE GIMNASIA???

ENTRA EN EL BLOG:

"COSAS DE EDUCACIÓN FÍSICA"

Charla divulgativa

o xoves 10 de xaneiro ás 18h no Salón de Actos terá lugar unha interesante charla sobre como axudar aos nosos fillos a navegar dun xeito seguro pola rede internet, advertíndonos nela dos posibles riscos. Un axente especializado da Policía Nacional será o encargado de realizar a exposición dos contidos, que logo dará paso a unha rolda de preguntas. Esta actividade está dirixida exclusivamente a nais e pais do alumnado.

http://www.navegacionsegura.es/

Acción solidaria co IBS. Padre Rubinos

O mércores 19 de decembro o alumnado de 6ºB trasladou os alimentos e productos recollidos durante a pasada semana ao Albergue de transeuntes de Pai Rubinos na Coruña. Unha actividade que pretende crear conciencia solidaria e educar en valores a todo o alumnado.

Powered by Drupal - Design by artinet