Taboleiro

A xubilación de Mª José Varela

Con casi 40 anos de servizo como mestra, a compañeira Mª José Varela Barroso xubillase e comeza unha nova etapa da súa vida, na que queremos desexarlle moita saúde para disfrutala. Tamén aproveitamos para darlle as gracias por tantos anos de adicación e compromiso coa educación e o ensino. 

Os seus alumnos e alumnas, que todavía están no Colexio, despedírona con flores, bicos e apertas.

 

Semana da Froita

Durante a semana do 13 ao 17 de marzo estamos a disfrutar da 1ª semana de reparto de froita entre todo o alumnado. Esta campaña de distribución de froita fresca na que participamosa nas escolas está financiada pola UE, Ministerio de Agricultura e Xunta de Galicia. Todavía en abril e maio disfrutaremos de un par de semanas máis. Nesta ocasión as mandarinas, plátanos, mazás, amorodos e uvas foron as froitas seleccionadas.

Día da Muller Traballadora - Día Non Lectivo

Este mércores 8 de marzo, foi elexido polo Concello de A Coruña como festividade local. Polo tanto non haberá clases.

Novos murais no patio

O fin de semana do 18 e 19 de febreiro completamos a decoración da fachada sur do Colexio cuns deportivos e coloridos murais. A realización do traballo foi obra de un grafitero profesional, froito das propostas do profesorado. Con esta nova actuación pretendemos facer máis amigable e atractivo o centro escolar, obxectivo para o que contamos coa axuda de todos no mantenemento e coidado das instalacións. A esta actuación seguirán outras de mellora e renovación de outros murais existentes. 

Entrega da recaudación do mercadillo solidario

Tras unha semana de mercadillo solidario de xoguetes, chegou o momento da recollida dos artículos sobrantes e o reconto do diñeiro recaudado. Ata un total de 1221 euros conseguidos grazas a vosa solidaridade. Cartos que servirán nesta ocasión para colaborar na campaña de lámparas solares para as aldeas de Guinea Bissau onde traballa dende hai anos a ONG Miradas al Mundo, principalmente no ámbito da educación e a saúde. 

Tres alumnos do cole fixeron entrega da recaudación a Bebe e María, o venres 10 de febreiro.

Entrega á Cociña Económica

Tras unha semana de recollida solidaria, hoxe luns, pasaron polo colexio traballadores da Cociña Económica, para levar a gran cantidade de produtos recollidos. Dende aquí agradecemos en nome da directiva da Cociña Económica a vosa solidaridade. Moitas Gracias!!!

Campaña solidaria

Ata o luns 19 de decembro podedes deixar no colexio os produtos de alimentación e/ou hixiene que poidades, para así conseguir paliar na medida do posible, as necesidades máis urxentes coas que se atopan as familias ou persoas que solicitan axuda á COCIÑA ECONÖMICA de A Coruña.

Novo calendario de eleccións ao Consello Escolar

Publicamos novamente o calendario con datas modificadas, xa que a circular entregada ás familias tiña algúns erros. Principalmente destacamos que as eleccións serán o luns 28 de novembro, entre as 5 e as 8 da tarde para as familias, e entre as 4 e 5 da tarde para profesorado e persoal de administración e servizos. Tamén lembramos que ata o 12 de novembro podedes presentar candidaturas.

calendario              candidatura

Entrega de materiais e listaxes

Resultado de imagen de material escolar

 ED. INFANTIL: Entrega do material nas titorías o martes 6 e xoves 8 entre as 10 e as 12h.

Nos seguintes cursos, facede clic para descargar o arquivo coa  listaxe e datas de entrega.

1ºEP - 2ºEP - 3ºEP - 4ºEP - 5ºEP e 6ºEP

Lembrade, que un ano máis, o alumnado de Primaria recibirá o primeiro día, o agasallo da Axenda Escolar do Colexio.

 

 

Graduacións de Infantil e Primaria

Finalizou o curso 2015/16 este mércores 22 de xuño e como ven sendo tradición quixemos homenaxear ao alumnado que terminou ambas etapas. Duas festas de graduación, unha pola mañá para os máis pequenos e outra pola tarde para os de sexto, que despedimos con moita pena e tamén ilusión, despóis dos 9 anos da súa estancia no Colexio. NORABÓA !!

 

Powered by Drupal - Design by artinet