Skip to Content

CONVOCATORIA DE AXUDAS DO CONCELLO DE NOIA

As bases da convocatoria de axudas para material escolar, libros de texto e comedor do Concello de Noia poden consultalas aqui.

O prazo para presentar as axudas é dun mes desde que sae publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. A data de hoxe (19/6/2015) ainda non saiu publicada.

AXUDAS E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2015/16

Publicada a Orde do 22 de Maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisión de libros de destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de Primaria para o curso escolar 2015/2016

Tamén foi publicada a Orde do 21 de Maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de Primaria para o curso escolar 2015/2016.

Poden descargar a nota informativa realizada polo centro das axudas de libros pulsando aqui. A solicitude para as axudas de libros descargana pulsando aqui.

Poden descargar a nota informativa realizada polo centro do fondo de libros pulsando aqui. A solicitude para o fondo de libros descargana pulsando aqui.

 

FINAL I CAMPIONATO DE XADREZ

Despois dun mes de torneo, no que participaron 34 nenos e nenas dende infantil ata primaria, hoxe celebramos a gran final. Esta foi a clasificación:

Presentación fotográfica

 

Categoría Prebenxamín
    1º Iago Fernández (Infantil 5 anos)
 2º Aldo Fernández (2º Primaria)
 3º Álvaro Hermida (2º Primaria)
 
Categoría Benxamín
1º  Sara Castaño (3º Primaria)
2º Pedro Piñeiro (4º Primaria)
3º Alba Abeijón  (3º Primaria)
 

Categoría Alevín
 
1º Iago Pereira  (5º Primaria)
2º Raúl Iglesias (6º Primaria)
3º Iván de León(6º Primaria)
 
Noraboa aos campións!

 

MATRÍCULA DE NENOS/AS DE 3 ANOS

O prazo de matrícula dos nenos e nenas de 3 anos que comenzaran no colexio no curso 2015/2016 é dende o día 20 de xuño ata o 30 de xuño.

O impreso de matrícula poden descargala pulsando aquí.

Tamén poden descargar a enquisa do galego pulsando aquí.

Lista Definitiva de Admitidos para o Curso 2015/2016

A lista definitiva de alumnos/as para o curso 2015/2016 poden consultalas pulsando aqui.

I Campionato de xadrez

Durante este mes de maio estamos a celebrar o I Campionato de Xadrez da Biblioteca. Nenos e nenas dende Infantil ata Primaria participan en apaixonantes partidas durante os recreos.  Quen será o gañador/a?

Para seguir o torneo e ver as fotos preme na imaxe inferior.

The emperor's new suit

 

 

CONTACONTOS CON LINGUAXE DE SIGNOS

O alumnado de educación infantil participou nunha sesión de contacontos con linguaxe de signos realizada pola nai dun alumno desta etapa educativa.

A MULLER DO MAR

O 9 de marzo o alumnado de educación infantil asistiu a unha charla coloquio na biblioteca do colexio na que participaron mariscadoras, redeiras e peixeiras, para conmemorar o Día da Muller Traballadora.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut