Skip to Content

Lista de Libros do curso 2017/2018

Poden consultar a lista de libros do curso 2017/2018 pulsando aqui.

XORNAL DE BERGONDO 2016-2017

Preme na imaxe para ler o último número da nosa revista escolar.

AXUDAS PARA LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS

Publicouse no DOG do luns 22 de maio a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e as axudas para material escolar do alumnado de toda primaria. Poden descargar o DOG pulsando aqui.

Como o ano pasado a solicitude é a mesma para as distintas axudas e só teñen que presentar unha por familia xa que a solicitude é única para todos os fillos que estean no mesmo centro.

Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio pulsando en cada unha delas:

Tamén poden descargar a SOLICITUDE pulsando aqui.

O prazo para presentar as solicitudes é dende o 23 de maio ata o 23 de xuño, ambolos dous incluidos.

O ACROSPORT

O acrosport consiste en facer acrobacias e figuras cos nosos corpos. Os alumnos/as de 5º fixemos coreografías de acrosport. O primeiro que fixemos foron os grupos, e para ison tivemos en conta que en dada un tiña que haber nenos/as portores, axudantes e nenos/as que fixeran as acrobacias. Todos tivemos a mesma importancia. Despois ensaiamos as figuras e decidimos entre todos os membros do grupo cales íamos meter na coreografía. Pasámolo moi ben montando as coreografías. Invitamos os alumnos/as de 6º a que as viran e agora tamén volas queremos amosar a vós. O resultado é este! Agardamos que vos guste tanto coma a nós.

O alumnado de 5º educación Primaria

DÍA DE ROSALÍA (24 DE FEBREIRO)

Este ano conmemórase o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. O EDLG do colexio organizou varias actividades para celebrar esta data. Aquí vos deixamos unha presentación fotográfica do concurso de caricaturas de Rosalía e tamén un vídeo no que alumnado do colexio le unhas poesías de Rosalía.

 

CONCURSO CARICATURAS DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Vídeo lecturas de poesías.

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2017-2018

O periodo do proceso de admisión para o curso 2017-2018 abrengue dende o día 1 ata o día 20 de Marzo de 2017. Teñan en conta que o día 1 de marzo o centro permanecerá pechado pola festividade do entroido.

A normativa que rexe o proceso de admisión é a orde do 12 de marzo de 2013 modificada pola orde do 25 de xaneiro de 2017.

Como novidade nesta convocatoria, o proceso de admisión poderase facer telematicamente a traves da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación. Tamén se pode entregar coma sempre as solicitudes no propio centro.

Poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) pulsando aqui.

Poden consultar o Proxecto Educativo do Centro (PEC) pulsando aqui.

Poden consultar as vacantes ofertadas para o curso 2017-2018 pulsando aqui.

A documentación que teñen que achegar coa solicitude poden descargala pulsando aqui.

Tamén teñen que entregar a ficha de recollida de datos do centro.

O martes 7 de marzo hai unha visita guiada ao centro para os/as pais/nais que o desexen que será ás 16:30h.

FELICITACIÓN DE NADAL

Con este maniqui challenge desexámosvos un feliz Nadal a todos/as.

Proxecto Elisa

Distribuir contido


by Dr. Radut