Skip to Content

POEMA CONSTRUÍNDOSE

Biografía en construcción de Manuel María, o poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016. Semanalmente iremos engadindo máis fotos para que sigades o proceso de construcción do poema biográfico.

 

AS OLIMPIADAS

O tema do entroido deste ano foi as Olimpiadas, deste xetio convertemos o cole nun Vila Olímpica.

Comezamos a cerimonia de apertura co desfile do alumnado de primeiro de primaria que son os abandeirados e portadores o lume olímpico, os aros que simbolizan a unión dos cinco continentes e a mascota destes xogos: LEOPOLBO.

 

 

 

Admirados e sorprendidos quedamos do estilo e sutileza coa que desfilaron os xinetes e amazonas de infantil de 3 anos A

 

 

 Curtidos en mil ximnasios e tras horas e horas de suor e adestramento chegan ante vós os forzudos de infantil de 3 anos B que pratican a halterofilia.

 

 

Esforzo, superación, fatiga… a dureza e ao mesmo tempo a beleza do ciclismo poidémola ver reflectida no alumnado de infantil de 4 anos A.

 

As nenoas e nenos de infantil de 4 anos B deslizáronse, en tablas de snowboard, sobre a neve a gran velocidade.

 

 

 

Estilo, precisión, movementos perfectos, son cualificativos que definen perfectamente aos atletas de infantil de 5 anos A que nos deleitaron cun combate de esgrima.

Non habería uns xogos olímpicos sen un equipo representando un deporte de altura, disto encargouse o equipo de baloncesto dos nosos deportistas de infantil de 5 anos B.

 O alumnado de 2º de primaria mostrounos dúas disciplinas olímpicas coñecidas de maneria sobranceira.


Un equipo de fútbol que vai dar moito que falar nun futuro próximo.


Un equipo de ximnasia rítmica que nos deleitou coa sutileza dos seus movimentos.

 

Se hai un deporte que sexa duro que fai chegar aos que o pratican a límites insospeitados, chegando a correr o sangue é o boxeo, boa conta disto deron os nenos e nenas 3º de Educación Primaria.

 

Directamente chegados desde as augas da ría de Noia apareceron os competidores na disciplina de piragüismo e remo, o alumnado de cuarto de Primaria. Seguro que ben poderían competir coas universidades inglesas de Oxford e Cambrigde.

O equipo de natación sincronizada do alumnado de 5º de Primaria presentounoa dúas coreografías acuáticas.

 

Nos nosos xogos non podería faltar unha mostra de artes marciais  chegadas de países do lonxano oriente. Deleitámonos coa exibición do alumnado de 6º de Educación Primaria.

A organización non quixo deixar pasar a ocasión de dar a coñecer e amosar unha disciplina deportiva que non por ir ao final é de menor importancia, senon todo o contrario.
Sinónimo de esforzo, superación, constancia, tesón, tenacidade, firmeza… quedariámonos curtos para definir aos nosos surper atletas paralímpicos.

 

Chegado o momento da clausura esperamos que vos gustasen e que o pasarades, os que viñestes, tan ben como nós.

Un saúdo e ata o ano que vén!

DIA DA PAZ

DÍA DA PAZ 2016 CEIP FELIPE DE CASTRO

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2015

 

FELICITACIÓN DE NADAL

Magosto 2015

O venres 13 de novembro celebrámola festa do magosto no colexio. Aquí vos deixamos unha pequena presentación fotográfica.

2º Convocatoria para Axudas de Material Escolar

Aberto o prazo da 2º Convocatoria para Adquisición de Material Escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas da 1º convocatoria ou para alumnado que tendo solicitada a axuda resultase excluído por unha causa emendable.

O prazo para solicitalas comenza o día 11 de novembro de 2015 e remata o 21 de novembro de 2015.

Poden descargar o DOG da convocatoria pulsando aquí.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2015-2016

Para ver o horario das diferentes actividades extraescolares premede enriba da imaxe.

 

Preme na imaxe para ampliar o taamaño

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Convocadas axudas para material escolar para o curso 2015/2016. As axudas son para as familias que teñan unha renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €.

A Convocatoria das axudas poden descargala pulsando aqui.

O modelo da solicitude poden descargala pulsando aqui.

DESPEDIDA ALUMNADO DE 6º

GRADUACIÓN 6ºA CURSO 2014-2015

GRADUACIÓN 6ºB CURSO 2014-2015

Distribuir contido


by Dr. Radut