Skip to Content

Visita do alumnado de 4º de Primaria a Santiago.

O día 26 de abril o alumnado de 4º de primaria fixo unha saída a Santiago de Compostela pra asistir a un concerto didáctico e tamén para visitar o Museo Pedagóxico de Galicia e poder comprobar como eran as escolas antigas e o material do que dispoñían os mestres e estudantes naquel tempo.

Visita Cultural a Noia

Durante diferentes días do mes de abril os alumnos/as dos tres ciclos de Educación Primaria realizaron unhas saídas a Noia para visitar o Museo do Mar, O Museo das Laudas Gremiais, a Praza de Abastos, as diferentes casas señoriais existentes na nosa vila, etc...

Aquí vos deixamos a ligazón a unha pequena presentación fotográfica sobre esta actividade.

Relación de Prazas Escolares Vacantes Curso 2013/2014

As prazas escolares vacantes para o curso 2013/14 pode consultalas aqui.

Criterio Complementario de Admisión 2013

O Criterio complementario de Admisión foi elexido polo Consello Escolar do CEIP Felipe de Castro para o curso 2013/14 na reunión ordinaria do 18/03/2013. Si queres ver o certificado do Criterio prema aqui.

ADMISIÓN ALUMNOS CURSO 2013/14

Do 5 ao 17 de Abril estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión para novos alumnos de cara ó curso 2013/14. O impreso poderase recoller na Secretaría do Centro ou descargalo desta páxina WEB. Haberá xornada de portas abertas do 2 de Abril ata 5 de Abril de horario de 16:00 h. ata 18:00 h.

Documentación a presentar:

- Solicitude de admisión (ANEXO II)

- Ficha de recollida de datos persoais facilitada polo centro

- Fotocopia Libro de Familia

- Fotocopia Tarxeta Sanitaria

- Fotocopia da cartilla de vacinacións

- Fotocopia do DNI dos pais

- 3 Fotos de carnet do neno/a

No caso de ser un alumno/a con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) deberase entregar documento xustificativo de dita situación.

No caso no que os pais do neno/a que solicita praza no centro estean separados ou divorciados deberase acompañar á solicitude a sentencia de divorcio ou separación, dita solicitude deberá estar asinada polos dous pais (IMPORTANTE).

CADA ALUMNO/A SÓ PODE PRESENTAR UNHA ÚNICA SOLICITUDE NO CENTRO NO QUE SOLICITE PRAZA EN PRIMEIRO LUGAR, DE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE PERDERAN O DEREITO DE PRIORIDADE QUE POIDAN CORRESPONDERLLE.

O alumnado que este matriculado no centro este curso salvo aviso por parte das familias enténdese que continuan para o próximo curso. Se por algunha razón ten pensado cambiar de centro deberán solicitalo por escrito, xa que non se pode facer reserva noutro centro sen antes avisar da baixa neste.

Pode consultar a orde que regula o proceso de admisión aquí.

Pode descargar os archivos nos seguintes enlaces:

ANEXO II

FICHA DE RECOLLIDA DE DATOS

Unha vez descargados pode cumprimentalos electronicamente (no ordenador), imprimilos e entregalos no Centro.

 

 

ACTUACIÓN PETER PUNK

O martes 19 de marzo o alumnado do colexio asistiu a unha función do paiaso-malabarista Peter Punk celebrada no Liceo de Noia. A actuación foi organizada pola ANPA DO COLEXIO e estivo fenomenal, xa que os nosos rapaces e rapazas pasárono en grande. Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos. Pinchade na imaxe para ver as fotos.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Presentación fotográfica sobre as actividades realizadas no centro para conmemorar o Día Internacional da Muller. Pinchade na imaxe para ver as fotos.

https://lh5.googleusercontent.com/-UKUrqVRGoqI/TXYbb9QXulI/AAAAAAAAAI0/XHnGdBvaUls/s1600/8marzo.jpg

Operación bocata

ENTROIDO 2013

O día 8 de febreiro celebramos no colexio a festa de Entroido. Este ano o tema elixido para desfrazarse foi "Etnias e culturas do mundo"

A continuación seguen uns vídeos, un por cada nivel, e unha presentación de fotos.

ENTROIDO DE INFANTIL DE 3 ANOS

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut