Skip to Content

Actualidade

FELICES FESTAS!!!!

V Festival Internacional de Cortometrajes de Animación de A Coruña: ANIMACIÓN

Este festival ten como obxectivo que o alumnado de 6º de E. Primaria, poida ver traballos ae animación cinematográfica de alto nivel que está fora dos circuitos convencionais das programacións infantís.

Este alumnado exerce como "xurado na Sección Infantil do Festival"

Nesta edición, a sección infantil ten o seu propio cartel creado por un neno ou nena participante no "CONCURSO DE DISEÑO DE CARTEIS"

E tivemos o inmenso orgullo de que dous deses premios de carteis foran para dous dos nosos compañeiros/as de 6º D:

3º Premio para David

1º Premio para Carolina

NORABOA ARTISTAS!!!!!

Paseando con Emilia de premio

Vimos de coñecer que o Proxecto Documental Integrado "Paseando con Emilia", que se desenvolveu durante o curso pasado no noso centro, no que investigamos e procuramos información para coñecer á escritora que dá nome ao noso colexio e a época na que viviu, recibiu un dos premios do VII Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar. Esperamos que con este premio, e con motivo do centenario da súa morte, se contribúa ao coñecemento e a darlle relevancia á figura de Emilia Pardo Bazán.

Este premio é do centro, de todo o alumnado, familias e profesorado que se implicou no seu desenvolvemento. Queremos agradecer a toda a comunidade educativa que participou nas actividades propostas e a todas as persoas e entidades que colaboraron con nós na procura de recursos e desenvolvemento de actividadesespecialmente á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, a Xulia Santiso e Patricia Angulo polo seu apoio e asesoramento continuo, así como ás bibliotecarias da BM Los Rosales.

Seguimos aprendendo sobre Emilia, e tamén sobre os mares e océanos.

Grazas e parabéns para toda a comuniodade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán.

 

 

Campamentos Nadal centros cívicos

Información enviada dende os centros cívicos

La vida marina al microscopio

O xoves 4 de novembro achegáronse ao noso centro as científicas co Oceanográfico: Ánxeles e Carlota, acompañadas por Miriam que fixo de “Lazarillo” por coñecer xa o noso cole.

O alumnado de 4º de E. Primaria foi o afortunado que asistiu ao obradoiro dirixido por elas

Neste obradoiro, as mencionadas científicas, explicaron e amosaron imaxes do seu traballo: de como recollían as mostras no mar para despois analizalas, das cadeas alimentarias que se dan no mar, da contaminación dos mares, de como esa contaminación pode chegar aos nosos estómagos....

Ao remate do obradoiro, o alumnado puido mirar, ao microscopio, mostras do fitoplancton e do zooplancton.

As sesións foron moi amenas e estivemos moi interesados e interesadas e fixemos moitas preguntas.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!!!!

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS COVID.

O venres 12 de novembro publicouse no DOG a convocatoria para obter máscaras gratuitas en E. Primaria:

  • Todo o alumnado que obtivo o vale de material escolar neste curso NON TERÁ QUE ENTREGAR SOLICITUDE, son xa beneficiarios
  • Só presentan solicitude os que nos foron beneficiarios do vale de material, sempre e cando cumpran co requisito de ter unha renta familiar per cápita inferior a 6000€ en 2019, ou se é alumnado de E. Especial, se está tutelado pola Xunta ou se ten discapacidade recoñecida de máis do 65%.
  • A solicitude entregarase na secretaría ata o 26 de novembro, de 9:30 a 13:30.
  • Para o reparto informaremos das datas e precedemento
  • Solicitude para descargar que se acompañará do Libro de Familia

MAGOSTO

Un ano máis visitounos a señora María, o pasado non veu por mor do confinamento, pero aquí está de novo coas súas castañas traídas de Coristanco.

Qué ganas tiñamos de vela!!!!!!

Para os máis pequenos foi unha novidade poder ver como asaban as castañas no patio do cole dos maiores.
Este ano as castañas viñeron acompañadas de un rico e quentiño chocolate, agasallo da ANPA.
Qué rico estaba todo!!!! E cómo desfrutamos outra vez do MAGOSTO!!!!

Se queredes ver máis fotos preme aquí   

Aconteceu o venres.....

O venres no noso centro aconteceu algo estrano, mentres alguén vixiaba todas e cada unha das aulas do alumnado de Infantil....
no cole de Primaria, seres inquedantes alumeaban o noso camiño...

HA, HA, HA,HAAAA

FELIZ SAMAÍN!!!!

GRUPO TEATRAL BUBELAS

DOCUMENTO INICIO DE CURSO 2021- 2022

Comenzamos o novo curso escolar 2021-2022 e xa temos preparado o decumento de inicio de curso con información importante que podedes consultar no seguinte cartafol. *Corrección de erros: o período de adaptación do alumnado de 4°E. Infantil será ata o 21 de setembro, cada titora informará detalladamente ao seu grupo.

CALENDARIO DE REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO

Distribuir contido


by Dr. Radut