Skip to Content

Secretaría, Impresos, Novas

Listaxes de alumnado por cursos 2019 -2020

A continuación aparecen as listaxes cos grupos de alumnado que figuran matriculados neste centro para o curso escolar 2019-2020. Estas listaxes teñen carácter provisional e poden ser obxecto de modificacións, por altas e baixas.

4º EDUCACION INFANTIL
5º EDUCACION INFANTIL
6º EDUCACION INFANTIL
1º EDUCACIÓN PRIMARIA
2º EDUCACIÓN PRIMARIA
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
5º EDUCACIÓN PRIMARIA
6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO 4º DE PRIMARIA

Publicación da listaxe definitiva de fondo solidario de libros de texto de cuarto de Educación Pimaria. Ver resolución.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO 4º DE PRIMARIA

Publicación da listaxe provisional de fondo solidario de libros de texto de cuarto de educación primaria. Ver resolución.

O prazo de reclamación contra a presente resolución remata o 14 de xullo.

FESTA FIN DE CURSO 2018-2019

Xa temos na galería a selección de imaxes da festa de celebración do fin de curso e da despedida do alumnado de 6º de primaria.

Desde o centro queremos desexar a todo o alumnado e ao profesorado que non vai estar connosco no vindeiro curso o mellor para as vindeiras etapas das súas vidas e tamén agradecer a ANPA a súa colaboración indispensable na organización desta festa. Bo verán e gozade das vacacións.

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2019-2020

   Os Equipos Docentes deste centro aprobaron as listaxes de Libros de Texto para o vindeiro curso escolar 2019-2020. Se desexan consultala poden facelo no seguinte enlace: 

LIBROS DE TEXTO 2019-2020

 

  AVISO: O libro de Valores Sociais e Éticos  unicamente deben mercalo os/as alumnos/as que NON escolleron Relixión.

MATERIAL ESCOLAR

      4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos) 5º EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos) ACTUALIZADA CON 4ºC 6º EDUCACIÓN INFANTIL (5 anos)
1º EDUCACIÓN PRIMARIA 2º EDUCACIÓN PRIMARIA 3º EDUCACIÓN PRIMARIA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA 5º EDUCACIÓN PRIMARIA 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

No Diario Oficial de Galicia do día 20 de maio de 2019 publícase a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019.

Orde do 3 de maio de 2019

Sede Electrónica

Solicitude Presencial

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

 

No Diario Oficial de Galicia do día 21 de maio de 2018 publícase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído).

Orde do 9 de maio de 2018

Solicitude (Anexo I e II)

LISTAXES DEFINITIVAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA 

 

ENTREGA DE VALES PARA MERCAR LIBROS DE 1º, 2º CURSO DE PRIMARIA E MATERIAL ESCOLAR 2018-2019

Entrega de “Vales”

Do día 10 ata o 20 de xullo, poderanse recoller na Secretaría, en horario de 10 a 13 h. os cheques solicitados para os libros de 1º e 2º e os de compra do material escolar.

O 12 de xullo publicaremos a listaxe provisional de beneficiarios dos libros de 4º EP para o vindeiro curso. As listaxes definitivas publicaranse o día 20 de xullo. Estes libros entregarémolos ao alumnado o día 12 de setembro nas respectivas aulas.

A Secretaría do colexio estará aberta ao público desde o día 1 ata o 20 de xullo no horario de 10 a 13 h.

CAMBIO DE DATAS PARA A RECOLLER NO CENTRO A DOCUMENTACIÓN DO ALUMNADO DE 6º EP

Estimadas familias:

 

Comunicámoslles que debido a un retraso por parte do Servizo de Inspección Educativa no envío do papel timbrado para a impresión da documentación oficial, vémonos na obriga de suspender a cita de mañá cos titores de 6º ata a vindeira semana ou no curso seguinte. Concretamente a partires do venres día 6 de xullo  e ata o día 20 de xullo no horario de 10 a 13 h., ou a partires de setembro, poderán recoller a correspondente documentación na Secretaría do colexio.

Desculpen as molestias.

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut