NORMAS DE ENTRADA/SAÍDA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMEDOR ESCOLAR

Novas normas traslados (a partires do 3 de novembro)

 

Normas de entrada e saída de actividades extraescolares (A partir do  3/11/2015)

Aos efectos de atender as peticións dos usuarios de comedor e de actividades extraescolares, establécese un novo sistema de entradas/saídas e traslados de alumnado.
 
Actividades Extraescolares (Colexio azul)
Apertura/peche das portas
15:50-16:10
Cambio de actividade
16:50-17:10
Fin da actividade
17:50-18:10
Os/As monitores/as deberán estar presentes en cada actividade puntualmente
Os/As pais/nais entrarán/sairán todos pola porta situada na rúa Alfonso Rodríguez Castelao. Fóra dos horarios establecidos as portas permanecerán pechadas e o acceso ás instalacións deberá facerse pola porta principal de educación primaria avisando ao persoal de conserxería
 
 
Comedor Escolar (Novo aulario infantil)
Apertura/peche das portas turno (extra)
15:25-15:35
Apertura/peche das portas turno (normal)
15:45-16:15
Zona de saída do alumnado infantil
Porta principal aulario infantil
Zona de saída do alumnado de primaria
Patio cuberto de primaria
Os/As pais/nais entrarán/sairán todos pola porta situada na Travesía de Los Rosales (porta principal colexio).
O alumnado de primaria de comedor sairá pola porta traseira do patio cuberto de primaria que da ao SUM. Antes de comer, deixará alí as súas mochilas ben organizadas para recollelas á saída antes de abandonar o colexio
O alumnado de comedor que faga actividades será acompañado polos monitores de comedor ata o patio cuberto do colexio azul e de forma separada ata o pavillón de deportes para aqueles que asistan a actividades deportivas, onde fará o cambio de custodia aos respectivos monitores de actividades extraescolares e deportivas permenecendo co alumnado no caso de  ausencia/retraso dos monitores e avisando da situación ao ANPA
 
Por último, no cambio de horario das 17:00 horas, os monitores de actividades deportivas do pavillón (ximnasia, balonmán e clube deportivo) levarán aos nenos que asistan a actividades de 5 a 6 no colexio azul, atravesando as escalerias que dan acceso do pavillón á pista deportiva e directamente ao colexio azul, onde recollerán aos alumnos que dende o colexio azul se dirixan ao pavillón para actividades de 5 a 6
 
 
Por último, reiteramos que o alumnado que vaia directamente dende casa ás actividades no pavillón ou saia dunha actividade no pavillón para casa non ten que pasar polo interior das instalacións do colexio.