HOCKEY NO COLE

 

    Estes días andamos a aprender un pouquiño de hockey xa que tivemos a sorte de contar cun xogador chamado Pablo. Contounos bastantes cousas:

  • Diferencias que hai entre as varias modalidades que hai de hockey

  • Características do hockey herba e sá

  • Tipos de sticks

  • Un pouquiño de historia


 Xa sabemos que temos hockey sobre patíns, xeo, herba e sá. Pablo é xogador de hockey sá polo que nos contou cousiñas deste tipo de hockey:

 O hockey é un deporte practicado en equipo. A sua finalidade principal é la de levar co  stick unha pelota ata a portería contraria para introducila nela o maior  número de veces posible.


 Parece ser que esta modalidade  empezouse  a practicar en Persia. No s.XIX instalouse en Inglaterra e pasou as  colonias, das cales a India  e Pakistán foron potencias.

En 1928 fundouse a Fédération Internationale de Hockey con sede en París.

É un deporte olímpico dende 1908 (para os homes) e 1980 (para as mulleres).

No estado español comenzouse oficialmente en 1922. Os principales equipos atópanse en Barcelona e Terrassa.

 

 Os sticks desta modalidade son máis redondiños na punta e son de distintos tamaños según a estatura do xogador/a.

 Ensinounos algunhas das proteccións que levan: luvas, espinilleiras.


 Outra das cousas que nos contou, é que cando facía moito frío ían xogar ao interior, de ahi ven o hockey sá.

 

 Sexamos diestros ou zurdos a posición da man no stick debe ser sempre a esquerda arriba.

 

 Quedounos moi claro que tanto a pelota como o stick non deben levantarse do chan.

 

 Estas son algunhas das mostras:

 

 O mellor de todo é que Pablo vai a estar con nos os martes e mércores pola tarde no pavillón.

 

 Animádevos a xogar!!!!!!!!!!!!

 

 Se queres máis información vai a páxina do Athletic Coruña Hockey Club.