Skip to Content

ROCK NO EMILIA

Rock de Aurora Candal

Actividade musical para o alumnado co ROCK como tema.

 

RADIOVOZ DE VISITA NO NOSO CENTRO

O alumnado de cuarto de primaria recibiu unha formación de radio das traballadoras de RadioVoz Antía e Sonia. Grazas a elas viron aspectos técnicos e prácticos do día a día da radio. Moitas grazas ás dúas pola colaboración. 

RadioVoz no Emilia de Aurora Candal

TEATRO EN INGLÉS

O pasado mércores, 16 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria asistimos a unha obra de teatro en inglés a cargo da compañía Face2Face: "Abracadabra". Música, maxia e teatro unidos nunha inesquecible mañá na que tivemos que axudar a Harriet Potter a aprobar os seus exames para acadar o título de Bruxa. O curioso foi que algúns dos actores e actrices resultaban sospeitosamente familiares...

Moitas grazas á ANPA MILNENOS por brindarnos esta oportunidade de aprender inglés dun xeito tan ameno e divertido.

 

ABRACADABRA - FACE 2 FACE - YEAR 5 2022

ABRACADABRA - FACE2FACE - YEAR 6 2022 

8ª EDICIÓN A VOLTA AO COLE

O venres retomamos a paraticipación na Volta ao cole na súa 8ª edición, unha carreira contra a leucemia infantil.

O noso cole foi unha festa de solidariedade, non nos tocaba competir senon dar o noso apoio aos compañeiros e compañeiras que sí gañaron esta carreira, o noso premio e o seu sorriso cada día na aula.

(preme na imaxe)

Minimundos

En 1ºC fixemos o noso minimundo de outono. Fai semanas pedimos a colaboraicón das familias para que, xunto cos seus fillos e fillas, recolleran e trouxesen ao cole elementos da natureza de outono. Con isto, ademais de usalo para manualidades, fixemoso noso 1º minimundo. Parimos do mundo que rodea aos noso pequenos e pequenas, con elementos reais e cercanos a eles para recrear unha aprendizaxe simbólica.

CREATIVIDADE E COOPERATIVIDADE!!!

 

Minimundos de Aurora Candal

Subcampeona de Europa

A nosa compañeira Marta conseguiu a medalla de prata no Campionato de Europa na súa categoría.

Está moi feliz porque ve recompensados todos os seus esforzos e porque viviu unha grande experiencia e coñeceu a moita xente.

Toda a familia que forma este centro está moi orgullosa dos seus logros e animámola a que siga perseguindo os seus soños. PARABÉNS!!!!

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na Convocatoria no D.O.G. do 30-09-2022 Resolución do 19 de setembro de 2022 realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e estará integrada por:

 

  • A Directora  do Centro.
  • Un representanrte do profesorado.
  • Un representante de nais/pais.
  • Un representante do persoal de administración e servizos.

 

Os tres últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). O sorteo realizarase o próximo mércores 26 de outubro ás 11:30 horas.

Convocatoria eleccións ao Consello Escolar.

Relación de candidaturas presentadas

Circular informativa

Resultados eleccións Consello Escolar (Novo)

 

 

 

MANUAL DE ACCESO Á AULA VIRTUAL DO CENTRO PARA ALUMNADO E FAMILIAS

Para empregar a nosa aula virtual renovamos todos os usuarios por motivos de mantemento. No seguinte manual tedes o procedemento detallado para entrar.

SAMAÍN 2022. XOGA CONNOSCO

Distribuir contido


by Dr. Radut