Skip to Content

EI 4º Curso, EI 5º Curso, EI 6º Curso, Educación Infantil

FACEMOS GOMINOLAS

Seguimos a voltas coa froita, e esta vez imos preparar GOMINOLAS CASEIRAS, moi moi naturais.

 

Escollemos os ingredientes que imos empregar: froita fresca e xelatina.

 

 

Primeiro imos facer as gominolas de laranxa, así que preparamos o zume coa axuda do expremidor.

 

 

Despois facemos o mesmo cos amorodos, licuándoos.

 

 

A cada mistura, pónselle un pouco de xelatina para que espese un pouco.

 

 

E cando xa temos todo preparado, poñemos todo en moldes, para que agardando un pouco, colla consistencia.

 

 

Despois de agardar o tempo preciso, xa temos as nosas gominolas preparadas para degustar.

 

 

Qué boa pinta teñen!!!!

 

 

Xa só falta probalas.

Están boísimas!!!

 

anterior     posterior

 

VISITA AO MERCADO DE MONTE ALTO E Á TENDA DE ANTÓN

Despois de aprender tantas cousas sobre froitas principalmente, verduras e outros alimentos, decidimos visitar un mercado de verdade! Fumos ao mercado do barrio de Monte Alto, alí teñen moitos postos con produtos frescos e ademáis está a "Tenda de Antón", un mercado para nós de xoguete! Foi un experiencia moi bonita, os vendedores/as tratáronnos moi ben, vimos como traballan e como funciona un mercado de verdade.

Nós tamén fixemos as nosas compras para facer unha merenda no colexio.

Na charcutería mercamos o queixo.

E na panadería mercamos o pan.

Tamén mercamos na froitaría para facer unha macedonia, varias froitas: amorodos, uvas, kiwis, mazás, peras, plátanos.

Pero tamén mercamos algo máis, peixe, na peixaría.

Vimos os camaróns.

E vimos máis postos do mercado, ainda que non mercamos nada.

A polería.

Na carnicería, amosáronnos unha cachucha.

E fomos tamén a unha tenda que tiña mel, queixos, marmelo e ovos que mercamos.

Qué bo estaba o queixo con pan que tomamos ao chegar ao colexio.

Na tenda de Antón pasámolo moi ben xogando a ser nós os tendeiros e os mercantes. 

Na peixaría.

Na panadaría.

Na froitaría.

 

 

 

anterior     posterior

VISITAMOS O NOSO MERCADO

O outro día viñemos ata o noso mercado de Educacion Infantil, vimos todo o que se vende, recordamos os nomes de todos os produtos e practicamos mercar e vender. 

Foi moi divertido!

 

Como coincidiu co día da Paz, aproveitamos para ensinarvos os nosos "ingredientes para a Paz" da laranxa que fixemos todas as clases.

 

 

anterior      posterior

PRACTICAMOS PARA IR AO MERCADO

Estes días pasados dedicámonos a practicar, coa axuda das novas tecnoloxías, como sería ir ao mercado a mercar os alimentos necesarios para as nosas receitas.

 

Tamén vimos a orixe de varios alimentos grazas a un xogo moi divertido, velaquí está!

Estas actividades son de eCasals: https://www.ecasals.net/es/index.php?ps=0b2b5bd55f4a2b214429bea829443ea25cc444adad57ff46aa204433a4a82626fea03fc4c551c0d35138424c5f28d3bcdb5941a35ed151cc44bd565adc505ab3dedf475e4474e30372ca0c7a72#

A NOSA FROITA DE TEMPADA FAVORITA

Despois de visitar o mercado de Primaria e coñecer as froitas e hortalizas de tempada, queremos probalas e elexir a nosa froita favorita.

Escollemos 5 froitas de tempada para facer a súa degustación: granada, kiwi, pera, laranxa e mazá.

 

As describimos visualmente...

 

 

...as cheiramos,

 

 

e as saboreamos.

 

 

 

 

Cada un de nós tiña un papeliño para facer a votación, e fixemos o reconto empregando pezas de lego 

 

 

así entre todos construimos unha gráfica que nos amosou a froita gañadora...

 

 

...a mazá!!!

 

anterior    posterior

FROITA OU VERDURA?

Esta semana dedicámola a diferenciar entre FROITAS e VERDURAS. A froita normalmemte comémola sen cociñar, mentres que a verdura ten que ser cociñada, pero non toda. Non nos resultou moi complicado!

Tamén practicamos na pizarra dixital.

Este xogo está en: https://spain.minilandeducational.com/school/juegos-online-alimentacion-saludable-ninos

 

 

anterior     posterior

FROITAS DE TEMPADA

Hai uns días algúns alumn@s de Infantil acercámonos ao mercado que teñen en Primaria para averigüar que froitas teñen de temporada.

anterior    posterior

COCIÑAMOS CON VERDURAS

GOFRES DE ESPINACAS

 

Se queres saber máis, clica aquí

COCIÑAMOS CON VERDURAS

Voltamos de novo, e agora cunha receita moi saborosa, un doce con verduras - GOFRES CON ESPINACAS.

Probamos por primeira vez os gofres de espinacas mesturando: ovos, leite, fariña con fermento, aceite de oliva virxe extra e espinacas crúas.

Dende logo qué verdes eran!

 

Pero estaban boísimos!

 

 que algún ata tripitiu,

 

e porque non había máis, que senón...

 

Así que pediron volver facelos outro día. Agardaremos a que nos medren os da horta.

Non deixaron nin as migas!!!

anterior   posterior

 

 

ACTIVIDADES MES DECEMBRO

Aproveitando a idea para decorara ás portas para Nadal, fixemos fotos cos nosos amigos e amigas maiores, foi moi divertido!

 

 

Así fixemos unha árbore coas nosas fotos e os ingredientes para un Nadal exquisito

 

O último día de clase, fixemos intercambio de agasallos.

Xa estamos desexando saber que faremos neste ano!!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut