Skip to Content

Novas experiencias con froitas e verduras en EI

 

Desde que volvemos de vacacións traballamos e aprendemos moito da nosa comida sa e saudable e aquí tes a lista, se queres ver máis, só tes que picar no título da actividade:

 

Visita do alumnado de infantil á lonxa

O blogue "O GUSTO É NOSO..." actualiza o seu contido coa reseña da visita do alumnado de educación infantil á lonxa. Todos os detalles e a galería de imaxes pode ser visitada no seguinte enlace.

O GUSTO É...NOSO...


DE VISITA NO MUSEO DE BELAS ARTES

O alumnado de 5º estivo de visita no museo de Belas Artes e quere agradecer a Sara que fixera tan especial esa visita. Ali descubriron un obxecto persoal de dona Emilia Pardo Bazán, o seu propio tinteiro. Ver Galería.

COLABORACIÓN COA COCIÑA ECONÓMICA

Un ano máis temos que agradecer a colaboración da comunidade educativa do noso centro na campaña de recollida de alimentos para colaborar coa Cociña Económica da nosa cidade. Neste caso os alimentos solicitados foron aceite de xirasol e legumes. Moitos litros de aceite e quilos de fabas, garavanzos e lentellas foron donados xenerosamente. Grazas a todos.

Velaí a nosa aportación. 

CELEBRACIÓN DA PAZ 2020

Onte foi o día no que o tempo acompañou para a cadea humana pola PAZ que compartimos con moitos centros da cidade que culminou coa lectura do seguinte manifesto.

Tamén tivemos a nosa celebración con canción da Paz interpretada polo noso alumnado.

 

 

 

ACTIVIDADES FEBREIRO 2020

Se queres ver as actividades deste mes, preme aquí ou na data no calendario.

"Cociñeiras e cociñeiros: igualdade na cociña"

No día de hoxe comezamos co obradoiro de nutrición e cociña: "Cociñeiras e cociñeiros: igualdade na cociña"

O que pretendemos é fomentar a comida saudable no noso alumnado e, ao mesmo tempo, que pasen un rato entretido cociñando coas nutricionistas Enma e Susana de Nutriciona.

Empezamos coas nenas e nenos de 5ºE.I, e seguiremos ata 6º E.P.. Os pequenos fixeron formas coa mazá para poder comer froita dunha maneira divertida e bombóns de chocolate e avelá, só hai que velos para ver canto disfrutaron.

        

Estrea do grupo "BUBELAS" 2019-21 na obra de Nadal

O novo grupo de teatro BUBELAS no que participa o alumnado de 5ºA fixo a súa primeira actuación o pasado festival de Nadal.

Podedes ver as imaxes na seguinte galería:

SAN SILVESTRE SOLIDARIO

O pasado 20 de decembro celebrouse un San Silvestre Solidario co alumnado de E. Infantil. A inscrición era a doazón de produtos infantís para o banco de alimentos.

Foi unha xornada moi divertida e na que conseguimos 199,750 kg.

MOITAS GRAZAS!!!!

ACTIVIDADES MES XANEIRO

OS DETALLES PÓDENSE CONSULTAR NO CALENDARIO DE EVENTOS.

Distribuir contido


by Dr. Radut