Skip to Content

PRESENTACIÓN CON RECURSOS PARA A XESTIÓN DAS EMOCIÓNS


 

RECURSOS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

RECOMENDACIÓNS AO ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Recomendacións do profesorado de 5º de Educación Infantil ás familias.

Na seguine circular podedes ver as directrices unificadas do profesorado do 5º curso de Educación Infantil (4 anos) ante as preguntas formuladas por algunha familia.

                                                                  

INFORMACIÓN PARA OS BOLSEIROS DE COMEDOR DO CONCELLO DA CORUÑA

Bolsas de comedor do Concello

Desde a Concellería de Participación Cidadá e Benestar Social informóusenos que se van a manter as bolsas comedor. As familias que necesiten o servizo para os menores bolseiros, deberán remitir un correo electrónico ao seu centro cívico de referencia.

easelvina@coruna.es,

easmesoiro@coruna.es,

easmallos@coruna.es,

eassandiego@coruna.es,

easlabañou@coruna.es

Os solicitantes recibirán a contestación no seu email, onde se lles indicará a que centro educativo teñen que ir recoller o menú, en horario de 13 a 14 horas.

AXUDAS PARA ALIMENTACIÓN E ACCESO Á INTERNET DURANTE O PERÍODO DE CONFINAMENTO

As familias que teñan dificultades para a adquisición de alimentos para os seus fillos/as:

  • por perda de acceso ao comedor escolar,
  • por non ter ningunha axuda alimentaria
  • ou por perda de ingresos familiares.

E tamén aquelas familias que non teñan conectividade a internet ou ningún dispositivo para acceder ao contido formativo do centro poden enviar un correo electrónico a ceip.emilia.pardo.corunha@edu.xunta.es, dicindo o nome do neno/a, o curso no que está, o tipo de necesidade que teñen e un teléfono ou correo electrónico de contacto, para ver se lle pode tramitar algunha axuda a través da ONG Colaboradora Ayuda en Acción.

CONTO VIAXEIRO 2ºA

O tempo de traballo na casa por mor do estado de illamento forzado recompénsanos con cousas tan bonitas como este traballo de 2ºA. Noraboa a todos os participantes.

#DebuxandoATorre

A Torre de Hércules fai un chamamento a todos os cativos que están nas súas casas durante estes días a que envíen un debuxo da Torre de Hércules cun arco da vella.

O obxectivo desta iniciativa é empapelar o Centro de Interpretación e Atención a Visitantes no momento en que poida ser reaberto ao público cos gravados de todas as nenas e nenos durante estes días de peche.

Os debuxos terán que incluír eses dous elementos e terán que ser enviados ao correo electrónico torredehercules@coruna.es. Tamén poderán ser subidos ás redes sociais co cancelo #DebuxandoATorre.

Do mesmo xeito dan acceso a unha visita virtual orientada aos cativos no seu facebook ao que podedes acceder aquí.

 

MENSAXE DO PERSOAL DE TURISMO DE A CORUÑA "TORRE DE HÉRCULES"

 

 

AULAS GALEGAS NOVO RECURSO EDUCATIVO

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que pensan que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 deben ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade. Nace para axudar ó alumnado, ás familias e ó resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego. Preme na imaxe para visitala.


ContamosTodos

Proposta

 

As familias de  calquera grupo , tanto de E. Infantil como E. Primaria poden gravar na casa, empregando o teléfono móvil ou calquera outro aparello electrónico:

-Contos contados polos nenos e as nenas (inventados por eles ou lidos dun libro)

-Cancións (sos ou acompañados).

-Trabalinguas.

-Xogos de palabras.

-Chistes.

-Dramatizacións.

-Poemas.

 

Unha vez feita e comprobada a gravación, deberán enviala a (correo ou wetransfer ao enderezo electrónico bibliotecaepb@gmail.com) para que poidamos subila á plataforma de Emilia na Onda e poida ser escoitada polo resto da Comunidade educativa. Lembrade #QuedaNaCasa.

Toda a información na web da nosa biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut