Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

Publicada a Orde 25 de xuño de 2020 (DOG do 9 de xullo) pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020-2021.

ESTE É O NOSO COLE!

Agora chegaron as vacacións, imos descansar para volver con moitas ganas en setembro.

Estamos desexando coñecer aos peques novos e que veñades a pasalo moi ben connosco.

Mentres, deixámosvos esta pequena presentación para que poidades ir coñecendo o que será o voso cole.

 

 

CEIP EMILIA PARDO BAZÁN Equipo E. Infantil

listaxes definitivas de admitidos

ADMISIÓN DE ALUMNOS para o curso 2020/2021(listaxes definitivas)

COMUNÍCASE  a todas as familias interesadas que unha vez rematado o prazo de solicitude de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/2021 resultaron admitidas todas as solicitudes.

As listaxes estarán expostas no taboleiro de anuncios do centro, para poder ser consultadas. (Non se publicarán na web, debido á lei de protección de datos)

O prazo de MATRíCULA vai do 1 ao 10 de xullo. Horario de atención ao público de 10:00 a 13:00 horas, na secretaría do centro.

Próximamente publicaremos os documentos necesarios para o procedemento nesta web.

FIN DE CURSO

Este non foi un curso máis, non foi un curso calquera, foi un curso tan especial que sempre quedará nas nosas memorias, un curso en que TODO UN PAÍS, tivo que quedar na casa.

Foi un curso que demostrou que somos máis fortes, que podemos estar xuntos e unidos na  distancia, que podemos e sabemos facer moito máis do que parece e que "imposible" non existe porque unha escola : nenos, nenas, profes, familias e persoal non docente, é ante todo ilusión e motivación para facer proxectos novos. A escola é ese lugar máxico onde todo é posible: dar clase sen  tempos de lecer, sen encerados, sen libros nin folios, sen "profe, podo ir ao baño?", sen "pero xa son as dúas!!!!", sen "podes calar que quero falar eu!!!!" sen... pero na que non pode faltar nenos, nenas, mestres, mestras e moitas gañas de traballar (ou poucas que tamén hai)

Este foi un curso no que o profesorado encheuse de enxeño e moitas horas para motivar ao alumnado e traballar nestas condicións inimaxinables e facerse , de súpeto, expertos en informática e novas tecnoloxías , para actualizar navegadores e poder vernos dende lonxe e permanecer unidos, para navegar por todos os recursos, para usar a súa inventiva e moita imaxinación e poñer todo ao alcance dos nenos e nenas.

Este foi un curso no que nenos e nenas, aínda que tiveran que estar pechados na casa, sen poder soltar esa enerxía que irradian en cada momento, iniciaron unha aprendizaxe distinta, a distancia.

Este foi un curso no que os pais e nais, con toda a súa inquedanza e o seu medo por esta situación, con moita paciencia, botaron unha man (máis ben, as dúas) para que os seus fillos e fillas seguiran a súa aprendizaxe e que, tamén, se fixeron expertos informáticos e mestres.

Este foi un curso no que o alumnado de 6º viu aprazada a súa despedida do cole onde, a maioría deles, pasaron nove anos da súa vida, de nenos a mozos: non houbo Alvarella, nin bágoas no patio, nin abrazos de despedida á ese mestres e mestras cos que compartiron bos e non tan bos momentos... Pero que aprenderon a ser máis fortes, que un virus non pode coa ilusión de estar xuntos e que lles axudará nesta nova, ilusionante e fermosa etapa.

Por todo isto, este é un curso de dar grazas, grazas, grazas.... grazas aos nenos e nenas por ser así, nenos e nenas, grazas as familias polo traballo extra e grazas aos compañeiros e compañeiras que tanto tempo e esforzo dedicaron para que isto funcionase.

MOITAS GRAZAS A GRANDE FAMILIA QUE FORMAMOS O EMILIA

.... e vémonos en setembro

 

 

O equipo directivo EPB

 

RECOLLIDA DOS PORTÁTILES DE SEXTO DE PRIMARIA

O próximo luns 22 de xuño procederase á recollida dos portátiles do equipamento E-DIXGAL do alumnado de 6º de primaria co seguinte horario:

6ºA de 10:00 a 11:00
6ºB de 11:00 a 12:00
6ºC de 12:00 a 13:00

Recollida de libros de cuarto de primaria

 

Como xa foi notificado mañá venres 19 de xuño procederase á recollida dos libros do alumnado de 4º de primaria no seguinte horario:

  • 4ºA de 10:00 a 11:00.
  • 4ºB de 11:00 a 12:00.
  • 4ºC de 12:00 a 13:00.

Revista EPB 2019-2020

Xa está lista a edición anual da nosa revista escolar nun curso diferente a todos os anteriores no que chegou a radio ao noso cole, e tamén un virus que nos deixou na casa, e no que a nosa alimentación foi a que marcou a temática anual a través do proxecto "Sabor e saber" e si queredes ver como foron estas e outras cousas aquí tedes a Revista EPB. Esperamos que a desfrutedes.

.

LISTAXE de Admisión Alumnado

ADMISIÓN DE ALUMNOS para o curso 2020/2021

COMUNÍCASE  a todas as familias interesadas que unha vez rematado o prazo de solicitude de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/2021 resultaron admitidas todas as solicitudes.

As listaxes estarán expostas no taboleiro de anuncios do centro, para poder ser consultadas. (Non se publicarán na web, debido á lei de protección de datos)

O prazo de reclamacións remata o día 11 de xuño. Horario de atención ao público de 10:00 a 13:00 horas, na secretaría do centro.

Novidades e prazos para a solicitude das bolsas de comedores escolares

Dada a publicación da convocatoria durante a vixencia do Estado de Alarma, declarado pola situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19, o prazo de 10 días para a presentación da solicitude quedou suspendido, iniciándose agora o vindeiro luns 1 de xuño de 2020.

O prazo remata o 30 de xuño.(actualizado)

Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, nesta mesma web e en sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es)

Toda a información na web do concello de A Coruña

Distribuir contido


by Dr. Radut