Skip to Content

Blogues

Refugabots

Esta actividade formou parte da primeira fase do proxecto de robótica que se está a desenvolver nos cursos de 4º e 5º de E.P. a través do proxecto BÓTalle Imaxinación. Nesta actividade os grupos de cada un dos cursos tiveron que deseñar uns robots, de forma que, utilizando a estrutura cooperativa 1-2-4, primeiro cada neno/a deseñou o seu propio robot, que entre dous completaron para formar un novo, para finalmente crear un so que contivese aspectos de cada un dos nenos/as do equipo. Tiveron que ter en conta o material do que dispoñían para a elaboración das obras e facer un listado do material que necesitarían e ao que tiñan acceso.

Presentámosvos algunhas das creacións do grupo de 4ºA e momentos do proceso, nas próximas semanas faremos unha exposición no centro cos robots de cada un dos equipos e que serán os seus símbolos durante o curso.

 

 

Agradecemos o traballo e implicación tanto por parte das titoras/es como do alumnado participante.

Burbullas máxicas

Burbullas máxicas

Xa estamos de novo na escola e con moitas ganas de facer novas cousas.

 

Por iso, os amigos maiores, viñeron á nosa aula a ensinarnos un experimento que fixeron.

 

Trouxeron un bote con líquido de cores (auga e aceite), cando se botaba unha pastilla efervescente, facíanse burbullas de cores!!!

 

 Que divertido!!!!

Máis fotos

anterior   seguinte

 

 

 

 

Burbullas máxicas

Burbullas máxicas

Xa estamos de novo na escola e con moitas ganas de facer novas cousas.

 

Por iso, os amigos maiores, viñeron á nosa aula a ensinarnos un experimento que fixeron.

 

Trouxeron un bote con líquido de cores (auga e aceite), cando se botaba unha pastilla efervescente, facíanse burbullas de cores!!!

 

Que divertido!!!!

 

máis fotos

anterior

Fin trimestre

Fin trimestre

 

Como fin de trimestre fixemos uns agasallos para os nosos amigos.

Encontrámonos na entrada do cole dos maiores, diante da fermosa árbore de Nadal.

 

E logo os maiores acompañaron a aula aos máis pequenos.

 

Para rematar, os pequenos convidamos aos nosos amigos maiores, o último día de escola, a nosa festa.

 

 

 

máis fotos

anterior  seguinte

Proxecto Intercultural con Louisiana II

PROXECTO INTERCULTURAL CON LOUISIANA II

Durante o curso 2017-2018 seguirase a levar a cabo un proxecto de intercambio cultural cunha escola do estado de Louisiana, en Estados Unidos.

Este ano, a escola coa que se realiza o proxecto é a Summerfield Elementary School de Shreveport, cidade situada no norte de estado.

O alumnado participante é aquel que cursa terceiro de Primaria, desenvolvéndose o proxecto dentro das áreas de:

  • Educación Musical, a cargo da mestra Mª Nieves Villar Garrote, por parte do Ceip Emilia Pardo Bazán.
  • Español como Segunda Lingua, a cargo da mestra Mª Beatriz Armada Manrique, no caso de Summerfield Elementary School.

COMEZAMOS COA PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DAS DÚAS ESCOLAS:

 Continuamos cun xogo de mans que nos enviou o alumnado de Summerfield Elementary School e que aprendimos na clase para poñelo en práctica. O seu nome é  LEMONADE:

 

Proxecto Intercultural con Louisiana II

PROXECTO INTERCULTURAL CON LOUISIANA II

Durante o curso 2017-2018 seguimos a levar a cabo un proxecto de intercambio cultural cunha escola do estado de Louisiana, nos Estados Unidos de América.

Proxecto Intercultural con Louisiana II

PROXECTO INTERCULTURAL CON LOUISIANA II

Durante o curso 2017-2018, o CEIP Emilia Pardo Bazán continúa a levar a cabo un proxecto de intercambio cultural cunha escola do estado de Louisiana, en Estados Unidos.

Neste caso, realízase con Summerfield Elementary School, localizada na cidade de Shreveport, no norte de Louisiana. 

O alumnado participante é o que cursa terceiro de Primaria, centrándose na área de Educación musical, no que respecta á nosa escola e na de Español como Segunda Lingua (ESL) po parte do colexio estadounidense.

1. COMEZAMOS COA PRESENTACIÓN DO ALUMNADO:

 

 

Día do voluntariado

Día do voluntariado

O día 5 de decembro celébrase o día do voluntariado e, como O meu amigo maior está dentro do programa do voluntariado miúdo, a Consellería de Xuventude celebrou unha festa no Gaias para todos os nenos e nenas que participamos nestes programas.

Foi moi emocionante porque era a primeira vez que os máis pequenos facían unha saída e ademais, tan lonxe!

 

Recibíronos os Bolechas antes de entrar no recinto.

 

Unha vez dentro, e despois de que chegaran todos os convidados, presentaron a guía do voluntariado dos Bolechas e foron subindo representantes dos distintos proxectos para que así os coñecéramos todos.

 

Os nosos representantes foron Uxía e Mateo que explicaron moi ben en que consistía O meu amigo maior.

Regaláronnos unha guía para cada un e unha tarxeta de voluntarios especiais.

Logo houbo varios talleres e convidáronos a un bocata.

 

Foi un día moi canso!

 

máis fotos

anterior  seguinte

25 novembro

25 de Novembro

 

A nosa profe hoxe contounos o conto Até as princesas soltan peidos, foi moi divertido saber que as princesas son coma nós, que fan o que lles da a gana e que non lles importa o que poidan dicir delas.

 

 

Logo fixémonos nun espello para ver o ben que nos víamos.

 

Máis tarde subimos á aula de 5º para compartir cos nosos amigos maiores ese conto tan divertido.

 

máis fotos

anterior  seguinte

Pequenos encontros, grandes causas

Pequenos encontros

 

Grandes causas

O noso centro participou nunha carreira solidaria: A volta ao cole, para colaborar no estudio da leucemia infantil, todos os nenos e nenas de 3 anos fomos acompañados por compañeiros e compañeiras de 5º de E.Primaria.

 

Nós fixeimos a volta cos nosos amigos especiais, foi moi divertido e sentímonos como uns campións!

 

 

“O meu amigo maior”

 

Hoxe, ao rematar o control de Lengua, estábamos todos moi contentos porque íamos facer unha carreira cos nosos amigos de tres anos. A carreira era solidaria para dar a coñecer a leucemia infantil, porque temos un neno maliño no colexio.

Cando saimos  buscalos estabamos moi felices, ao chegar á súa clase saudámolos e fomos cara á fora a camiñar. Eu ía con Daniela que me dixo:

  • Isto non é unha carreira porque vai moi amodo!

E cando eu lle dicía:

  • Vamos rápido, que imos gañar, porque había un gran espazo cos de diante, ela dicíame:
  • -Non, porque aquí non gaña ninguén.

Eu botábame a rir . Que nena máis lista!

Cando chegamos de volta ao colexio, eles non querían marchar para á clase, pero aínda así, Daniela deume unha aperta e un bico moi forte, e eu dinlle dous bicos de “sabor de caramelo de fresa”

 

 

Sabela Marcos Balboa 5ºA

 

Cando foi o Samaín, veu unha visita escalofriante a aula cos pequenos A Santa Compaña”,  dounos tanto medo que algúns metémonos debaixo da mesa!!!

 

Gústanos tanto estar xuntos que os maiores esperamos ver aos pequenos antes de entrar na clase despois do recreo!

 

máis fotos

anterior  seguinte

Distribuir contido


by Dr. Radut