Skip to Content

EI 4º Curso, EI 5º Curso, EI 6º Curso, Educación Infantil

O NOSO CAMIÑO ATA O XARDÍN DA XOANIÑA JUANITA

O proxecto “El jardín de Juanita”, proposto dende o Movemento Filosofía Lúdica e o Proxecto Noria (curriculum de filosofía para nenos e nenas), consiste en traer ao mundo real un xardín inspirado no do conto “La mariquita Juanita” (Angélica Sátiro, ed. Octaedro, 2004) que é o hábitat onde nace o personaxe principal (Juanita) e onde viven os seus amigos.

Dende o mes de outubro, semanalmente e de xeito continuado, realizamos micro sesións de “Xogar a Pensar” nas que dialogamos sobre os personaxes do conto, a súa maneira de ser e actuar, o entorno natural no que se atopan, as súas implicacións na nosa vida diaria … e sempre rematamos cunha reflexión que leva a unha actuación sobre o xardín.

O feito de que a nosa parcela estea lonxe do aulario, levounos a debuxar o mapa do camiño que recorriamos todos os venres para que poidades coñecer este espazo natural que no vindeiro curso manteremos e melloraremos.

Está a ser un pracer, para os nenos e nenas e para as persoas e colectivos (escolas, obradoiros e colectivos sociais) dos 7 países que estamos a participar, desenvolver a nosa conciencia ecolóxica dende diferentes enfoques.  Porque en  España, Portugal, Italia, México, Colombia, Uruguay, Arxentina e Brasil temos moitas e variadas apreciacións de como poder ser un xardín.

Ademais  da divulgación de todo o proceso durante o curso en facebook, teremos a oportunidade de dar visibilidade á nosa labor coa elaboración dun póster para un stand na XVIII INTERNACIONAL CONFERENCE OF ICPIC que se vai a realizar na Universidade Autónoma de Madrid do 28 de xuño ao 1 de xullo. Tamén estará no ENCUENTRO NORIA e no 9º CICI (Congreso Internacional de Creatividade e Innovación Social) en México durante o mes de Xullo.

MAR Santiago Arca, 28 maio 2017

A AVENTURA DE CREAR COMO MARY HEILMANN

Mary Heilmann é unha artista estadounidense, que vive e traballa en Nova York. É coñecida polas súas pinturas abstractas, cerámica e mobles.

Como toda  a súa obra se caracteriza por un uso lúdico da cor, a liña e a forma, no Recanto da Arte e xa convertidos/as nos/as mellores artistas pop, agudizamos o noso enxeño para ”pintar” con pezas xeometricamente diferentes en cor, tamaño e forma.

Na caixa de luz, reproducimos algunhas das súas estéticas …



… pero rematamos creando as nosas propias obras, aparentemente tan simples que é inevitable sorrir fronte a elas pola ledicia que irradian.



Confirmamos así que o traballo de Mary Heilmann foi tan influínte para os artistas novos como para nós (que tamén o somos).

MAR Santiago Arca, Marzo 2017

 

 

 

 

O XARDÍN DE JUANITA É DE TODOS E TODAS

“Crear es emancipar la mirada,
cuestionar la oposición entre la pasividad del mirar
y la dinámica del actuar.”  
Angélica Sátiro. FILOSOFÍA MÍNIMA. Octaedro, 2016

 

Esta parcela do horto escolar está a ser deseñada polos/as nenos/as de 3 anos dende o comezo do curso, e son eles e elas quenes deciden onde plantar e por qué. Quizais dende a nosa visión de adultos, con moita máis experiencia de vida, pode parecernos algo moi sinxelo, pero a realidade en Educación Infantil é moi distinta.

Estes 12 nenos e 11 nenas (dende cando algúns aínda tiñan 2 anos) están a facer pequenas reflexións filosóficas sobre civismo, respecto, bo humor, bo gusto, paciencia, autoestima, amor … documentando o valor do seu pensamento nas plantacións  e nun diario colectivo no que contan o proceso de creación do xardín.

Por iso pedimos colaboración a toda a comunidade educativa para a conservación e valoración deste recuncho educativo, xa que estamos a atoparnos co feito de que as plantas están a ser arrancadas. Dende a clase de 3 anos “B” desexamos que a participación neste proxecto non sexa unicamente un proceso de aprendizaxe para nós, senón a lembranza de que todos/as somos responsables do noso planeta.

MAR Santiago Arca, Xaneiro 2017

 

Proxecto EL JARDÍN DE JUANITA…

                                                                                                                                                                                             “Una filosofía comprometida
                                                                                                                                                                                             con el encanto y la hermosura
                                                                                                                                                                                             de desear mundos mejores para vivir.”

                                                                                                                                                                    Angélica Sátiro. FILOSOFÍA MÍNIMA. Octaedro, 2016 

… do que a clase de 3 anos “B” é participe na súa parcela do horto. No pdf está á vosa disposición o boletín monográfico deste proxecto no que estamos a participar dende moitas localidades do noso planeta.

Todo o seu desenvolvemento, dende o comezo ata o remate en xuño, será compartido na súa propia páxina en facebook:

  

MAR Santiago Arca, decembro 2016

O MEU AMIGO MAIOR

25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

AULA DOS MAIORES

O día 25 de novembro celébrase o día contra a violencia de xénero. Na clase Conchy falounos do tema.

Dende pequenos temos que saber que tanto os homes como as mulleres deberíamos ter as mesmas oportunidades, os mesmos dereitos e que ningunha debe estar por enriba.

Eu creo que esas cousas debemos aprendelas na casa e na escola.É dicir, por exemplo, na miña casa,  somos 4: o meu pai, a miña nai, a miña irmá e máis eu e dende pequenos trátannos igual e facemos as mesmas cousas e iso o fan os nosos país tamén: unhas veces pasa o ferro un, outras veces pasan a aspiradora,… as tarefas da casa son compartidas.

Pasa o mesmo cos xoguetes, deportes... tanto nenos coma nenas poden xogar ao mesmo e utilizar os mesmos xoguetes.

O malo e cando nos facemos maiores e eu non entendo o motivo: por que a túa noiva non vai poder levar minifalda ou saír cos seus amigos ou amigas? Por que non pode (ou está mal visto) conducir un camión ou xogar ao fútbol entre os chicos? Por que se lle insulta, pega e incluso chegan a matar ás parellas?

Nesta sociedade falta moito por cambiar, pero espero que pouco a pouco e entre todos, o consigamos.

Eu levo un lazo branco: acepto o meu compromiso persoal de non cometer, permitir nin silenciar a violencia contra as mulleres,

AULA DOS PEQUENOS

O venres 25 de novembro, coincidindo coa celebración do día internacional contra a violencia de xénero, a nosa clase foi á da Aurora, cos nenos e nenas de Infantil. Alí, a súa profesora  contoulles un conto: “¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?” e logo eles  contáronolo a nós respondendo as preguntas que lles facía a súa profe.

Trata dunha nena, Carlota, que está preguntándose por que ten que vestir de rosa e actuar coma unha princesa rosa si ela o que quere é facer cousas que normalmente fan os príncipes. Carlota vai falar cos seus pais, fada madriña, conselleiros...

E pregúntalles por que ela non pode facer cousas de príncipes.

Todos se dan conta de que Carlota ten razón e deciden que é unha tontería que as princesas non poidan cazar dragones e demais soños que tiña Carlota. E así, como a princesa, calquera nena pode vestir, xogar... como calquer neno: somos todos iguais e tanto uns coma outros estamos preparados para poder facer as mesmas cousas.

Creo que os pequenos entendérono á perfección!

 

Ángel Fariña Figueroa 6º A

 

Cando estivemos xuntos unimos o desexo de cada un co do seu amigo pequeno do que soñamos ser de mozos, nunha especie de atrapa soños.

 

Anterior Seguinte

UN XARDÍN PARA JUANITA

                                                                                                                                                                             “Filosofía-ecológica, que florece herramientas,
                                                                                                                                                                             que hace germinar recursos internos para actuar
                                                                                                                                                                              más allá de castigos y recompensas.” 
 
Angélica Sátiro. FILOSOFÍA MÍNIMA. Octaedro, 2016

 

Este curso na nosa parcela do horto escolar estamos a participar nun proxecto de ética e estética medio ambiental proposto dende o Movemento Filosofía Lúdica, co obxectivo de desenvolver a conciencia ecolóxica.

Consiste en responsabilizar a os/as nenos/as dun espazo natural, un xardín que eles/as mesmos/as van a crear (pensando, construíndo, tocando e coidando) para o personaxe principal do conto “La mariquita Juanita” (Angélica Sátiro, editorial Octaedro, 2004).

Ao longo dos meses de setembro de 2016 a xuño de 2017 podedes seguir como se vai desenvolvendo o proxecto, e a nosa participación (publicacións recentes), no evento “El jardín de Juanita” en facebook.


MAR Santiago Arca, Decembro 2016

 

O MEU AMIGO MAIOR

  • OS INICIOS

A historia do proxecto "O meu amigo maior" ven de fai moito tempo.

Eran nenos e nenas de primaria de distintos niveles e trataba de que interactuasen maiores e pequenos.

Un proxecto que gustou moito ás profesoras que nese intre o levaban a cabo.

Fai dous anos, unha destas mestras atopouse cunha amiga, con moitas ganas de facer algo novo xuntas e pouco medo as cousas novas por moi dificiles que parecesen. E o de traballar con nenos e nenas de Educación Infantil e o últimos Ciclo de Educación Primaria, a verdade é que o parecía.

Vimos que unha das cousas que máis medo da aos pequenos e o paso do seu cole de infantil ao cole dos maiores, como a éstes marchar para o tan temido Instituto.
E nós xa tiñamos o proxecto feito! Axudarse entre todos a perder ese medo e mentres coñecerse, traballar xuntos, vivir unha serie de experiencias que están resultando maravillosas a nivel de integración, de madurez, de solidariedade, de darse uns a outros sen pensar en recibir nada polo que é cando máis reciben sen decatarse.

 

  •  CURSO 2015- 2016
O primeiro foi unha toma de contacto a través dun conto que Conchy, a mestra de 5º E. P., veu a contar a Infantil, xunto cos seus alumnos e alumnas.
Logo elixiron, ao azar, o que ía ser o seu compañeiro ou compañeira nesta viaxe tan especial. Pintaron a silueta das súas mans e uníronas todas para despois facer as parellas. Cando xa estaban emparellados, presentáronse e foron coñecéndose un pouquiño máis.
Fixemos algunha visita dunha clase á outra, así os maiores recordaron cando eles estaban nesa etapa e xogaron cos pequenos e, os  pequenos coñeceron o mundo do seu amigo maior e os ORDENADORES cos que traballan todos os días.
Fixeron moitas máis cousas xuntos, pero o que, de seguro ningún vai esquecer, é a creación do grupo de teatro Bubeliñas para acompañar ao grupo Bubelas e a peza de teatro que fixeron todos xuntos no remate do curso.
E para fin de curso,os pequenos invitaron aos maiores a súa festa.

Seguinte

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

O pasado xoves tivemos unha visita moi especial na aula de 3 anos C. Veu a cadela Luna acompañada das súas monitoras Irene e Julia para facer na hora de psicomotricidade unha sesión de actividades asistidas con animais.

Foi un día moi entretido. Despois de presentarnos e darlle unha agarimosa benvida, comenzamos a disfrutar dun momento de xogo con ela: imitacións, circuitos e un complicado quebracabezas. 

Pasámolo tan ben que cando quixemos darnos conta, o tempo xa rematara. Esperamos que no vindeiro curso recibamos unha nova visita das nosas novas amigas. 

                                      

                                          

   

 

IDES CONSTRUIR UNHA TORRE?... PERO SI XA O FACÍAN OS BABILONIOS!

…pero para que non nos pasara o mesmo que coa Torre de Babel e puidesemos chegar a acordos, guiáronnos en todo o proceso a nai e o pai dunha nena da clase, ámbolos dous arquitectos.

“Los arquitectos hacen los mapas de construir, pero ellos no lo construyen… ellos lo diseñan. Primero hay que hacer papeles”.

Todo comezou coa lembranza dunha visita á Torre de Hércules, patrimonio da humanidade dende o ano 2000, e construida según conta a lenda para lembrar a derrota do xigante Xerión.

«No habrá acaso en España monumento de la antigüedad, que al mismo tiempo que ha dado extenso campo a las fábulas, interese más la curiosidad del público... ».
            José Cornide Saavedra. Investigaciones sobre la fundación y fábrica de la Torre llamada de Hércules situada en el puerto de La Coruña. Texto del año 1798.

Pero por que construir unha torre na escola? Pois para lembrar as tan necesarias normas de convivencia consensuadas nas sesións de Xogar a Pensar. Chamariamola TORRE DE MAR tras unha votación democrática.

¿Cuál sería la cosas más importante del colegio que tendríamos que recordar?
“Las normas…… porque eso hay que hacerlo siempre”.
La Torre de las normas… podía llamarse la Torre de Mar, porque tuvo la idea Mar”.
Podíamos llamarle la Torre de las normas del colegio… respetar las normas”.
“La Torre del colegio… del Emilia Pardo Bazán”.

Decidiron que o mellor sitio para a súa ubicación sería no hall do aulario, de tal xeito que  se podería ver tanto dende dentro como dende fora do colexio.

“Para construir una torre para todo el mundo, así después la pueden ver”.
La ponemos en la entrada, pero no en el medio… sino no podemos pasar”.

Dábase por feito que tiña que ser grande e bonita, e ainda que barallaban diferentes materiais para a súa construcción, ao final aceptaron a proposta dos arquitectos de facela en papel.

Una maqueta es como la verdad; pero no es de verdad, es más pequeñita”.

Para elixir a súa forma teriamos que convocar un concurso de proxectos e seleccionar unha. Eso sí, deberíamos poder ver a súa base, alzado e coroniña para ter unha visión xeral do edificio.

O seguinte paso era decidir onde íamos a construila, no hall ou una clase, porque no segundo caso habería que ter en conta que tiña que cruzar a porta de saída ao corredor. Así empezaron a realizar medicións con axuda de metros; miraban e anotaban “cantos números medía” e “quítaban numeriños ao metro” para que a torre puidera atravesar a porta moito mellor.

Xa pensada había que “debuxala” en papel, eran necesarios uns planos claros e precisos que evitaran que cando como arquitectos/as inspeccionaramos a construción detectaramos erros fatais. Por iso, tivemos unha segunda sesión de axuda para melloralos, na que pouco a pouco correximos pequenos detalles: nº de escaleiras para que a base fose máis sólida, as portas de entrada e saída e o alerón do tellado.

Mentres empezaba a súa construción, nunha sesión de “Xogar a Pensar” buscamos un símbolo que pudiera identificar a nosa torre coas normas.

Una nube que diga normas. Una nube de Xogar a pensar…pero que diga normas…. porque las normas son importantes, y las miras ahí y ya están…y también las normas son para así hacer las cosas mejor y bien…”.

Xa rematada, trasladámola dende a nosa aula ata o lugar acordado, onde está asentada dende este mes de decembro.

MAR Santiago Arca, decembro  2015

Construimos UNHA TORRE from ceip_epb on Vimeo.

VIAXAMOS COAS MATEMÁTICAS

“… el proceso de resolución de problemas es, a menudo, extraordinariamente rápido: el científico competente maneja simultáneamente muchas variables y crea numerosas hipótesis que son evaluadas sucesivamente, y posteriormente aceptadas o rechazadas”.

Howard Gardner. INTELIGENCIAS MULTIPLES. La teoría en la práctica. Paidós.

Na educación infantil é difícil separar os momentos adicados a desenvolver a Competencia matemática das outras 7 mencionadas no Curriculo, xa que todas elas funcionan conxuntamente. Pero esta globalización non impide ver a gran cantidade de procesos matemáticos que nos axudan a comprender o mundo no que vivimos.

As decisións tomada polas/os nenas/os de 4 anos para organizar unha viaxe a Londres, son a nosa achega ao monográfico sobre matemáticas publicado pola Revista Galega de Educación, nº 63.

MAR Santiago Arca, decembro 2015

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut