Skip to Content

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS

DESDE O 14 DE XULLO ESTÁN EXPOSTAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO AS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS PARA O CURSO 2021-2022. PODERÁN CONSULTALAS ATA O DÍA 20 DE XULLO, DÍA NO QUE PECHA O CENTRO, EN HORARIO DE 10 A 13 HORAS.

 OS LIBROS ENTREGARANSE AO ALUMNADO BENEFICIARIO CANDO COMENCEN AS CLASES NO MES DE SETEMBRO.

FONDO LIBROS 2021-2022

A partir de hoxe están expostas no taboleiro de anuncios do colexio as listaxes provisionais de fondo libros para 3º e 4º de primaria. Contra estas listaxes poderán reclamar ata o día 11 de xullo. A partir do día 14 sairán publicadas as adxudicacións defintiivas do fondo.

Os vales das axudas de material poderán recollelos na secretaría do centro a partir do luns 5 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas ata o 21 de xullo, data na que pechará o centro.

ATA SETEMBRO!!!

ASÍ REMATAMOS ESTE CURSO

Despois dun curso tan raro e tan distinto ao que lembrábamos, xa nos tocou despedirnos ata o vindeiro, esperando e desexando que sexa máis “normal” que este.

O alumnado de Infantil puido desfrutar dun conta contos, agasallo da ANPA.

 

Como  despedida, fixemos o de todo o curso: separados/as pero xuntos/as, cantando ao ritmo de “Vacas de verán”.

preme na imaxe

 

E a modo de agradecemento ao noso alumnado e familias por ese comportamento exemplar, sobran as palabras, por iso, a noso aplauso é para vós.

Agora toca desfrutar do verán e descansar moito.

 

Vémonos en setembro!!!!

UN PAR DE PREMIOS

O alumnado de segundo de primaria ven de gañar o terceiro premio no concurso celebrado por EMALCSA co gallo da celebración do Día Mundial da Agua 2021. Noraboa ao alumnado participante. Premede na imaxe para acceder ao vídeo premiado.

 

Tamén debemos felicitar ao alumnado de 6ºA que acaba de recibir o libro como premio do concurso organizado polo grupo de rock de Valladolid "Happening" que consistiu en escribir un conto para unha das cancións do disco, "Vivan las manos de colores" do que escolleron a canción: "Lo importante es intentarlo".

Podedes ver o conto nas seguintes imaxes.

 
PÁXINA 1 PÁXINA 2

Circular fin de curso

Ante todo agradecer a todo o alumnado e ás súas familias o comportameto tan exemplar que tiveron durante este curso tan especial e desexarvos un moi bo verán.

CIRCULAR FIN DE CURSO

Programa eTwinning en Educación Infantil.

Este curso, en Educación Infantil, probaron a participar nun novo programa chamado eTwinning, que propón como idea principal, contactar centros educativos europeos e traballar de forma colaborativa, compartindo experiencias, culturas, tradicións, e sobre todo, coñecer outros mestres e alumnado interesados en ampliar coñecementos no tema que se elixa entre ambos ou máis centros educativos.

Polo que este ano, atoparon unhas mestras de Bistrita (Rumanía), interesadas en facer un proxecto xuntas. O proxecto trata o Patrimonio de ambas cidades. Velaquí unha reseña que fai o xornal.

 

REVISTA ESCOLAR DO CURSO 2020-2021

Coruña Olímpica

Dentro do prorama do Concello, Coruña Olímpica, o alumnado de 6ºC recibiron a visita de Paula Medín, xogadora de rugby e diploma olímpico nos últimos Xogos Olímpicos de Río 2016.

Paula contestou con agarimo as preguntas que lle fixeron os nosos nenos e nenas.

LETRAS GALEGAS 2021

Conmemoración do Centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán

O mércores día 12 de maio cumpríronse 100 do pasamento de Dna. Emilia Pardo Bazán. A Real Academia Galega fixo un acto conmemorativo que consistía na lectura de frases desta muller polifacética e o que significaba para ti, acto ao que fomos convidados e ao que foron 5 rapaces e rapazas en representación de todo o alumnado e no que demostraron o coñecemento que teñen sobre a súa persoa e dos seus pensamentos e inquedanzas que ven se poden trasladar ao momento actual.

Foi un acto moi emotivo e interensante no que participamos encantados e só nos queda dar as grazas a Real Academia Galega por convidarnos.

fotografía de La voz de Galicia

Todo o que levamos traballando sobre Emilia Pardo Bazán pódese ver no blogue da biblioteca e no PDI "Paseando con Emilia"

Tamén podemos consultar o que se falou de nós nas redes: 

Instagram Casa Museo EPB

Marilar Aleixandre on Twitter 

Román Rodríguez on Twitter

Prensa Escuela on Twitter

La voz de Galicia

Acto de conmemoración en directo

 

E para rematar o día, Xulia Santiso, directora e restauradora da Casa- Museo, pasou pola nosa radio para unha entrevista en directo que poidemos escoitar todos 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut