Skip to Content

Novas

DOCUMENTO INICIO DE CURSO 2021- 2022

Comenzamos o novo curso escolar 2021-2022 e xa temos preparado o decumento de inicio de curso con información importante que podedes consultar no seguinte cartafol. *Corrección de erros: o período de adaptación do alumnado de 4°E. Infantil será ata o 21 de setembro, cada titora informará detalladamente ao seu grupo.

CALENDARIO DE REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO

INICIO DE CURSO. HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS.

Seguindo a adaptación do calendario escolar da Xunta de Galicia e as adaptacións ao noso centro terase en conta que soamente poden acceder ao interior do recinto escolar un pai, nai ou titor legal do alumnado de educación infantil ou de alumnado con NEAE. O inicio do curso escolar queda do seguinte xeito:

XOVES 10 DE SETEMBRO (4º e 5º de E. INFANTIL E 1º,2º E 3º DE PRIMARIA):

ENTRADAS:

EDUCACIÓN INFANTIL:

  • 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos): Seguindo o período de adaptación.
  • 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos): Ás 9:00 horas aula nº6 pola porta do lado do pavillón polideportivo. Ás 9:00 horas aulas nº4 e nº5 polo portalón do comedor, acceso inferior do edificio de infantil.

EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • 3º DE PRIMARIA ás 9:00 horas (Polo lado esquerdo do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado esquerdo).
  • 2º DE PRIMARIA ás 9:10 horas (Polo lado esquerdo do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado esquerdo).
  • DE PRIMARIA ás 9:30 horas (Polo lado dereito do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado dereito. O resto do curso o alumnado de primeiro entrará ás 9:10 polo mesmo sitio).

SAÍDAS:

EDUCACIÓN INFANTIL:

  • 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos) Seguindo o período de adaptación.
  • 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos): 13:40 horas polo mesmo sitio que entraron.

EDUCACIÓN PRIMARIA:

  •  3º DE PRIMARIA ás 14:00 horas polo portalón de entrada
  •  2º DE PRIMARIA ás 14:10 horas polo portalón de entrada
  •  1º DE PRIMARIA ás 14:10 horas polo portalón de entrada

VENRES 11 DE SETEMBRO (TODO O ALUMNADO):

ENTRADAS:

EDUCACIÓN INFANTIL:

  • 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 anos): ás 8:50 horas polo portalón do comedor, acceso inferior do edificio de infantil.
  • 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos): Seguindo o período de adaptación.
  • 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos): Ás 9:00 horas aula nº6 pola porta do lado do pavillón polideportivo. Ás 9:00 horas aulas nº4 e nº5 polo portalón do comedor, acceso inferior do edificio de infantil.

EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • 5º DE PRIMARIA ás 8:50 horas (Polo lado dereito do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado dereito).
  • 6º DE PRIMARIA ás 8:50 horas (Polo lado esquerdo do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado esquerdo).
  • 4º DE PRIMARIA ás 9:00 horas (Polo lado dereito do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado dereito).
  • 3º DE PRIMARIA ás 9:00 horas (Polo lado esquerdo do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado esquerdo).
  • 2º DE PRIMARIA ás 9:10 horas (Polo lado esquerdo do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado esquerdo).
  • 1º DE PRIMARIA ás 9:10 horas (Polo lado dereito do portalón grande para subir cara as escaleiras do lado dereito. 

SAÍDAS:

EDUCACIÓN INFANTIL:

 

  • 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos) Seguindo o período de adaptación.
  • 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos): 13:40 horas polo mesmo sitio que entraron.
  • 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 anos) ás 13:30 horas polo mesmo sitio que entraron.

EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • 5º DE PRIMARIA ás 13:50 horas polo portalón de entrada.
  • 6º DE PRIMARIA ás 13:50 horas polo portalón de entrada.
  • 3º DE PRIMARIA ás 14:00 horas polo portalón de entrada.
  • 4º DE PRIMARIA ás 14:00 horas polo portalón de entrada.
  • 2º DE PRIMARIA ás 14:10 horas polo portalón de entrada.
  • 1º DE PRIMARIA ás 14:10 horas polo portalón de entrada.

Para o correcto funcionamento das entradas e saídas será imprescindible que todos sexamos puntuais e non excedamos os 10 minutos permitidos para a entrada e saída de cada nivel.

 

ESTE É O NOSO COLE!

Agora chegaron as vacacións, imos descansar para volver con moitas ganas en setembro.

Estamos desexando coñecer aos peques novos e que veñades a pasalo moi ben connosco.

Mentres, deixámosvos esta pequena presentación para que poidades ir coñecendo o que será o voso cole.

 

 

CEIP EMILIA PARDO BAZÁN Equipo E. Infantil

DIARIO DO CONFINAMENTO

Xa levamos moito tempo na casa, eso quere dicir que xa nos falta menos. Seguro que neste tempo pasaron moitas cousa interesantes nas vosas casas: caeume un dente, o meu irmaciño comezou a andar, papá deixou barba... Se queredes podedes mandar ao correo do cole un vídeo que nos conte o que están sendo estes días, co asunto: diario do confinamento, e o publicaremos na web do cole. Moitas grazas e... vémonos pronto! Acceso ao resto de vídeos nesta GALERÍA

O vídeo precursor:

  • Seguinte entrega con moita arte. O pai de Jairo compuxo esta canción adicada aos heroes de verdade os que loitan contra o inimigo común, os que loitan para que non nos falte de nada e os que quedamos na casa para axudarlles.

LENDAS DO SAMAÍN

 

LENDAS DE SAMAÍN 2019

 

Estimadas familias:

Entre as actividades que imos organizar no Centro para celebrar o Samaín, hai unha na que resulta imprescindible a vosa colaboración. A idea é levar a cabo unha recompilación oral de lendas populares e poñelas a disposición de toda a comunidade educativa a través da web do noso cole. 

Explicámosvos polo miúdo en que consiste a actividade e cal é a forma de colaboración que vos solicitamos.

Paso 1: Axudade aos vosos fillos e fillas a buscar unha persoa (da familia ou dos coñecidos) que saiba algunha lenda e se preste a contala.

Paso 2: Colaborade con eles para facer a gravación dixital dese relato (cun teléfono móbil, por exemplo).

Paso 3: Entrade na páxina web do CEIP Emilia Pardo Bazán e seguide as instrucións para enviarnos o arquivo da gravación. Para estes efectos, acabamos de habilitar unha ligazón na seguinte imaxe que vos leva a wetransfer.com onde deberedes poñer enviar email a: lendasdoemilia@gmx.es Lembrade poñer o autor no campo da mensaxe.

 

NOTA: Nesta ligazón (https://galiciaencantada.com/) podedes acceder a un bo número de lendas populares galegas. Estes textos dan idea do tipo de narracións que estamos a pedir que busquedes en colaboración cos vosos fillos.

Grazas pola vosa colaboración e feliz Samaín 2019.

EDLG e Extraescolares

 

 

ESPAZO ABALAR

No presente curso deixamos de empregar a aplicación de mensaxería Tokapp School  e a ferramenta de comunicación do centro será ABALAR MÓBIL

As familias deberán instalar a aplicación ABALAR MÓBIL. Guía de uso para as familias.

 

O profesorado poderá acceder na ligazón ao ESPAZO ABALAR. Guía de uso para o profesorado.

Listaxes de alumnado por cursos 2019 -2020

A continuación aparecen as listaxes cos grupos de alumnado que figuran matriculados neste centro para o curso escolar 2019-2020. Estas listaxes teñen carácter provisional e poden ser obxecto de modificacións, por altas e baixas.

4º EDUCACION INFANTIL
5º EDUCACION INFANTIL
6º EDUCACION INFANTIL
1º EDUCACIÓN PRIMARIA
2º EDUCACIÓN PRIMARIA
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
5º EDUCACIÓN PRIMARIA
6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Entrega do material de infantil e de 1º e 2º de primaria

As familias de infantil e de 1º e 2º de primaria poderán pasar a entregar o material polas titorías o venres día 6 e o luns día 9 en horario de 12:00 a 13:30

AVISO PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Segundo acordou o profesorado a partir do vindeiro curso o mandilón do alumnado de infantil poderase escoller libremente coa condición de que teña botóns por diante e puños elásticos.

Distribuir contido


by Dr. Radut