Aquí estamos de novo! sticky icon

Agora tócanos aos maiores! Temos moitas ganas de vervos!          Moito ánimo e coidádevos moito! Apertas

 
 
 
 

Recomendacións "LETRAS GALEGAS" (En breves teredes máis contidos) sticky icon

O próximo 17 de maio conmemórase o día das Letras Galegas, e aínda que este ano se vai celebrar en outubro, nós queremos recordalo. Lévase facendo desde o ano 1963. Desde ese momento, foron pasando moit@s escritores/-as galeg@s.

A primeira perosoa a que se lle adicou ese día foi a Rosalía de Castro, pero este ano tócalle a Ricardo Carvalho Calero. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa.

Deixámosvos unhas páxinas para que poidades informarvos:

http://seminariogalan.org/

http://primaveradasletras.gal/

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

https://academia.gal/letras-actual

 

Moito ánimo!!! sticky icon

Bos días a tod@s!! Por fin podemos vernos e sentirnos un pouquiño máis preto. Grazas por participar!

 
 
 

Volver a vernos...! sticky icon

Hai moitos días que non nos vemos, e a situación que estamos vivindo é un pouco complicada. Por iso, para vernos e darnos ánimos uns a outros, imos propor unha actividade, para todxs aqueles que queiran participar.

Esta actividade consiste en enviar unha foto na que se vexa ó alumnado só ou coa súa familia, cunha mensaxe de ánimo. Con estas fotografías crearase un vídeo.

Para participar, tedes que enviar a fotografía ó teléfono do centro (641 68 03 34) por whatsapp, e tedes de marxe ata o venres 1 de maio.

Este vídeo publicarase na web do centro, polo que, se se participa, considérase que se da a autorización de imaxe.

Unha aperta para todxs!!!

 

 

 

Contaconto Día do Libro sticky icon

A nosa amiga, a gran artista Sabela Gago que fai pouco estivo no noso centro deleitándonos cos seu contos, quixo compartir con nós este conto tan fermoso para celebrar o día do libro. Moitas grazas Sabela!

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar