AXUDAS ÁS FAMILIAS USUARIAS DO COMEDOR ESCOLAR sticky icon

As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

Importe das axudas

       Os que teñen a condición de gratuidade total, teñen dereito a percibir 2,50€

       Os que teñen a obriga de pagar 1€, teñen dereito a percibir 1,50€

       Para o 1º período de libramento correspóndelle 14 días lectivos

Beneficiarios das compensacións

 

As familias con un ou máis fillos/as escolarizados que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

Solicitudes. Lugar e prazo de presentación

 

        Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través de formulario normalizado dispoñible no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal

 

       Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído a Chave365

 

       As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos, poderán solicitar a colaboración do equipo directivo do centro. Para tales casos establecese:

 

       Horario de colaboración de 10:30 a 14 h.

 

        Identificación do solicitante no número 982828133 ou correo: ceip.eloisa.rivadulla@edu.xunta.gal


       A solicitude será única por cada familia e incluirá á totalidade dos fillos/as

       O prazo será dende o día 31 de marzo ata o 6 de abril, ambos os dous incluídos

Comprobación de datos

 

       Identificación do solicitante DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado

       Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería

 

       Conta corrente onde realizar o ingreso

 

       A presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento dos datos persoais

 

Ø  Podedes cubrir o seguinte formulario para presentar en sede electrónica ou no caso de non poder, podedes envialo cuberto ao correo do centro.

Ø  As persoas que chamen para que se lles axude, deberán ter á man os datos antes mencionados.

O prazo máximo para resolver será de 10 días dende a data finalización do prazo de presentación de solicitudes. O pagamento, logo da resolución nun prazo máximo de 5 días.

 

Para ampliar esta información poden consultar pinchando aquí: Orde do 27 de marzo de 2020 (DOGA 30/03/2020).

 

 

 

Abala Móbil sticky icon

Estimadas familias:

Visto que se prolonga o estado de alerta outros 15 días e que a volta á actividade lectiva é incerta, temos a necesidade de continuar de algunha maneira o proceso formativo e facer este tempo de confinamento o máis levadeiro posible para o noso alumnado. Para iso, necesitamos poder manter o contacto coas familias e que vós poidades estar en contacto con todos @s Mestr@s d@s vos@s fill@s.

Pedimos entón que descarguedes a aplicación de Abalar Móbil nos vosos móbiles, e a través desta poderemos estar en contacto diariamente e recibiredes toda a información actualizada.

Podedes seguir as indicacións que vos deixo a continuación e si tedes algún problema non dubidedes en chamar ao centro: 982828133.

Ø  Si a aplicación vos di que non recoñece ese número, chamádenos para actualizalo.

A dirección

 

Actividades durante o período de suspensión das clases sticky icon

Comunícase ás familias que, segundo as directrices da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, póñense a disposición do alumnado os diferentes contidos a traballar durante este período. Atoparedes estes contidos no bloque CURSOS (na marxe dereita desta páxina) e ordenado por niveis. Para o alumnado de 5º e 6º de Primaria, estes contidos os atoparán na plataforma EDIXGAL que empregan habitualmente. Deben dirixirse aos foros de cada materia para recibir as instruccións.

Tamén aparecen no bloque superior da marxe dereita os últimos artigos publicados nesta web para poder ver facilmente as actualizacións das tarefas que se propoñen para os alumnos/as.

ADMISIÓN CURSO ESCOLAR 2020/2021 sticky icon

Clic na imaxe para agrandar

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: ENLACE
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar no Enlace, seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Ao final, premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Impreso en Galego

Impreso en Castelán

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar