You are hereBLOG

BLOG


Letras galegas 2021

Neste curso atopámonos dúas veces co día das Letras Galegas, pero xa sabemos que o motivo foi a problemática da COVID. Nesta ocasión foi adicado a Xela Arias Castaño.

Entre o IES Lama das Quendas e nós, o CEIP Plurilingüe Eloísa Rivadulla, fixemos un vídeo con cada un dos traballos realizados en cada Centro educativo. Visualizádeo.

Día do libro 2021

Xa é máis que coñecida a data do 23 de abril, Día do libro. Nós, en conxunto co IES Lama das Quendas, quixemos elaborar un traballo en común (somos 2 centros PLAMBE, eles máis experimentados, nós novatos).

Temos a gran sorte de que na nosa zona se atopa unha das persoas que máis leva feito polo tema da natureza a través das súas historias e os seus contos: Anxo Moure. Como ten escrito uns cantos libros, decidimos adicar este día á súa obra; participamos todo o centro traballando cos seus textos, houbo un curso que trasladou ao inglés un dos seus libros (somos Centro plurilingüe), tivémolo connosco asinando libros aos nen@s do CEIP Plurilingüe Eloísa Rivadulla, mentres que no Lama das Quendas lle fixeron unha entrevista e, eles mesmos, enviándolles o traballo proposto por nós, fixeron unha montaxe.

Aí vai parte do traballo realizado.


 

 

8 DE MARZO

Para o Día Internacional da Muller, o CEIP Plurilingüe Eloísa Rivadulla traballamos arreo para conmemorar un día de reivindicación e visibilización dos enormes esforzos que realizan as mulleres e as nenas en todo o mundo por un futuro máis igualitario e recuperación da pandemia da COVID-19. Por iso realizamos unha entrevista, con preguntas de todos os cursos, dende Infantil a 6º de E.P., a unha das mulleres que máis leva traballado polo Entroido Ribeirao: María José Rey Álvarez, coñecida por tod@s como Marisé. Vai por ela e por todas as mulleres do universo.

Observade, nos arquivos adxuntos, o que fixemos.

Unha gran aperta.

 

24 DE FEBREIRO

Que data máis importante! Xa tod@s sabemos que a nosa escritora Rosalía de Castro é dunha relevante importancia na literatura universal. Nós, para non esquecernos de que sigue estando preto de nós, realizamos entre toda a comunidade educativa o traballo que podedes visualizar a continuación no arquivo adxunto que vos propoñemos.

Saúdos.

ENTROIDO 2021

 

 

Este curso, como ano especial que é, debido ás restricións pola COVID, tivemos que adaptar tamén esta festa do Entroido.

Seguindo o acordado como eixo dende a Biblioteca do Colexio para as distintas celebracións, tomamos como temática as festas populares propias de Chantada: Entroido Ribeirao e Folión de Carros.

Para recoller estes dous temas decidimos que tod@s iamos vir vestidos de carroceiros e carroceiras e facer unha exposición sobre o Entroido Ribeirao.

Durante a semana estivo exposto un carro do país con carteis dos nomes das partes máis importantes. Estivo acompañado de carroceira e carroceiro que serviron de modelo para que tod@s nós foramos incorporando cada día unha prenda, de forma que estivera completado o venres 12 de febreiro. 

O CARRO.

A maxia polas congostras

prende a chavella o loro,

leva os ladrairos as costas

o meu carro xa non e novo.

De carballo son as chedas

onde erguen os estadullos,

roza o eixo de bidueiro

entre as dentoiras de buxo.

Polos camiños do burro

vai roendo pedra á roda,

preso da cabezalla o xugo

nos carretos de ida e volta.

De cerno a roda máis pura

reiseñor que espalla a fala,

na escravitude arte e figura

sen carreo non somos nada

Meu carro que non é vello

só ten o baldón gastado

fende os agros polo medio

e canta si vai cargado.

P. Ledo.

 

Ó mesmo tempo montouse unha exposición fotográfica sobre o Entroido Ribeirao que serviu para facer unha explicación detallada do que é e significa o noso Entroido, nela participaron tódalas aulas do Colexio.

Neste mesmo venres o alumnado das aulas de 5º e 6º viron o documental de Kepa Junquera “Mar de Terra”

Agradecemos a implicación das dúas Asociacións: Asociación Amigos do Entroido Ribeirao e Asociación Amigos do Folión de Carros, que se puxeron á nosa disposición en canto lles solicitamos a súa participación.