LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO sticky icon


 No taboleiro de anuncios interior do centro está dispoñible a listaxe definitiva do alumnado admitido neste centro para o curso 2024/2025.


As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (15/05/2024).

Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo sticky icon

O pasado día 19 de abril publicouse a convocatoria destas axudas para o curso 2024/2025. O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

Para solicitala deberá dirixirse ao seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO sticky icon


 No taboleiro de anuncios interior do centro está dispoñible a listaxe provisional do alumnado admitido neste centro para o curso 2024/2025.


 

LISTAXE DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN sticky icon

Infórmase que no taboleiro interior do centro está publicada a listaxe de solicitudes de admisión presentadas no centro co número aleatorio asignado a cada solicitude que será empregado para o desempate, de ser necesario, segundo o disposto no artigo 34 da Orde que regula o proceso de admisión.

BAREMACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN sticky icon

IMPORTANTE


 

Téndose recibido no centro máis solicitudes de admisión que vacantes existentes para 4º de Educación Infantil, ábrese o prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo alegados nas solicitudes.

CRITERIOS DE BAREMO:

  • A. Existencia de irmás/áns matriculadas/os no centro (8 puntos polo primeiro e 2 máis por cadaun dos restantes).
  • B. Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es (8 puntos se o domicilio está situado no concello de Chantada e 4 puntos se está nun concello limítrofe).
  • C. Renda anual per cápita da unidade familiar: 3 puntos (inferior a 0,5 veces o IPREM), 2 puntos (igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM), 1 punto (igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM), 0 puntos (igual ou superior ao IPREM). IPREM ano 2022: 6.948,24 €.
  • D. Persoa proxenitora, titora ou acolledora traballadora do centro docente. (3 puntos).
  • E. Condición de familia numerosa (3 puntos especial, 2 puntos xeral).
  • F. Alumnado nado de parto múltiple. (8 puntos se son dous e 10 puntos se son máis de dous).
  • G. Condición de familia monoparental (2 puntos).
  • H. Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en nai, pai, titora, titor, irmá ou irmán do alumnado (máx. 4 puntos).
  • I.  Condición de vítima de violencia de xénero. (2 puntos).
  • K. Condición de vítima de terrorismo. (2 puntos).
  • L. Criterio complementario: parada nunha ruta do transporte escolar do centro. (1 punto)

Para o criterio de proximidade ao centro débese aportar certificado de convivencia conforme vive no concello (8 puntos, non importa a distancia ao centro ao non estar delimitadas as áreas de influencia).
Para o criterio de familia monoparental débese demostrar tal condición achegando un certificado que emite Política Social.
Para o criterio establecido polo centro (usuario das rutas de transporte que corresponden ao propio centro) deberá cubrirse un impreso facilitado polo centro no que se solicita unha parada de transporte escolar existente nas rutas do centro e que se corresponda co domicilio declarado na solicitude de admisión presentada.
Para a renda per cápita non é preciso aportar documentación se na solicitude aceptouse que se realizara a consulta.
Para o resto de alegacións deberase presentar igualmente certificación acreditativa.

O prazo de presentación da documentación remata o vindeiro 9 de abril.


 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar