COMEDOR ESCOLAR sticky icon

De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 o centro fai chegar ás familias dos comensais do comedor o modelo impreso de autodeclaración de prezos públicos. Esta autodeclaración deberá ser entregada no centro cuberta en todos os seus extremos antes do 11/09/2019.
Mediante este impreso os adultos que exerzan a patria potestade, a tutela ou o acollemento familiar dos alumnos autodeclararán as circunstancias de carácter persoal e de renda neta per cápita familiar correspondente ao exercicio fiscal 2018, anterior ao ano actual, e, conseguintemente, determinarán a contía do prezo público que lles corresponde aboar, de acordo cos tramos fixados no citado Decreto.

Impreso

listaxe de solicitudes de libros de texto do fondo solidario excluídas sticky icon

Segundo as instrucións da ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B), artigo 13 bis, facemos públicas a listaxe de solicitudes de libros de texto do fondo solidario excluídas.

Listaxe de solicitudes de libros de texto do fondo solidario excluídas.

As que non figuran excluídas teñen asignado o lote completo de 6 libros: C. Sociais, C. Naturais, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Inglés (Libro). Entregaranse en setembro ao comezo do curso. O resto dos libros deberán mercalos,.

Se quere formular algunha reclamación, pode facelo ata o 19 de xullo no colexio.

Listaxe de solicitudes de axuda para libros e material concedidas e excluídas sticky icon

Segundo as instrucións da ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B), artigo 13 bis, facemos pública a listaxe de solicitudes de axudas para libros e material escolar concedidas e excluídas, coa causa da exclusión.

Listaxe de axudas concedidas e excluídas.

Importante:

As persoas solictantes dispoñen de 10 días para formular reclamacións no colexio.


As persoas solicitantes que non aparecen na listaxe de excluídas, poderán recoller o vale no colexio ata o 19 de xullo, en horario de 11:00 a 13:30 . Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.

Libros de texto e material escolar para o curso 2019/2020 sticky icon

Ver listaxe en formato pdf

 

IMPORTANTE:

Nos cursos 3º e 4º, os solicitantes de axuda, non deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario.

En 1º e 2º, os solicitantes do vale para adquisición de libros, deben comprobar antes de mercalos que non lles foi concedido.

O alumnado de 5º e 6º utilizará recursos dixitais dentro do programa e-Dixgal.

 

Vivencias sticky icon

Os alumnos de 6º quixeron, antes de marchar do colexio con destino ao instituto, expresar algunhas das súas vivencias que lembran de todo este tempo que pasaron no colexio. O resultado é o que segue:

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar