Samaín 2020 sticky icon

Xa falta moi pouquiño para esta festa tan "terrorífica..." e no cole non queremos deixala pasar así que temos algunha sorpresiña para todxs.

Adxuntamos unha nota informativa para as familias e queremos recordarvos tamén que o venres 30 de outubro as nenas e nenos poden vir caracterizados para a ocasión...só vos pedimos que non sexan disfraces que dean medo en exceso, pensando nos máis peques do cole.

Moitas grazas pola vosa atención.

Saúdos dende o Ceip Eloísa Rivadulla.

 

INICIO DO CURSO - REUNIÓNS INFORMATIVAS - PROTOCOLO COVID-19 sticky icon

HORARIO PARA COMEZO DE CURSO:

  • XOVES, 10 de setembro ☞
    • 3º Pri. - ás 8:55
    • 2º Pri. - ás 9:30
    • 1º Pri. - ás 10:00
    • 5º Inf. (4 anos) - 10:30
    • 4º Inf. (3 anos) grupo A - de 11:30 a 12:15
    • 4º Inf. (3 anos) grupo B - de 12:45 a 13:30
  • VENRES, 11 de setembro ☞
    • 1º, 2º e 3º de E. Primaria - ás 8:55
    • 5º E. Infantil (4 anos) - ás 9:05
    • 6º E. Primaria - ás 10:00
    • 5º e 4º E. Primaria - ás 10:30
    • 6º E. Infantil (5 anos) - ás 11:00
    • 4º Inf. (3 anos) grupo C - de 11:30 a 12:15
    • 4º Inf. (3 anos) grupo D - de 12:45 a 13:30

A partir do luns, 14  de setembro o horario habitual será:

  • de 8:55 a 13:55 E. Infantil, 1º E. Primaria, 2º E. Primaria e alumnos/as que non usen o servizo de comedor.
  • de 8:55 a 14:25 alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria que usan o servizo de comedor.

 


REUNIÓNS INFORMATIVAS

Comunícase aos pais/nais/titores legais dos alumnos/as do centro que vanse celebrar reunións para informar das liñas básicas de organización e funcionamento para o novo curso escolar, así como do protocolo específico a seguir. O calendario é:

  • MÉRCORES, 9 de setembro:
    • EDUCACIÓN INFANTIL:
      • 10:00 horas - 4º Educación Infantil.
      • 10:30 horas - 5º Educación Infantil.
      • 11:00 horas - 6º Educación Infantil.
    • EDUCACIÓN PRIMARIA:
      • 12:00 horas - 1º Educación Primaria.
      • 12:30 horas - 2º Educación Primaria.
      • 13:00 horas - 3º Educación Primaria.
      • 13:30 horas - 4º Educación Primaria.
  • XOVES, 10 de setembro:
    • EDUCACIÓN PRIMARIA:
      • 11:00 horas - 5º Educación Primaria.
      • 12:30 horas - 6º Educación Primaria.

O acceso a estas reunións está restrinxido a unha persoa responsable por alumno/a.

Protocolo COVID-19

 

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS LIBROS FONDO SOLIDARIO sticky icon

Comunícase que están publicadas no taboleiro interior de anuncios as listaxes definitivas de solicitudes admitidas para o fondo solidario de libros de texto así como as listaxes de vales concedidos para a adquisición de libros de texto e material escolar. (Tamén se poden consultar na aplicación FONDOLIBROS coa Chave365; pola Lei de protección de datos non se poden publicar no exterior nin na web).

Publicación das listaxes de axudas (libros, material e fondo) sticky icon

Xa están publicadas no taboleiro interior de anuncios as listaxes provisionais de solicitudes concedidas e excluídas do Fondo Solidario e as listaxes de vales concedidos para a adquisición de libros de texto e material escolar. (Tamén se poden consultar na aplicación FONDOLIBROS coa Chave365; pola Lei de protección de datos non se poden publicar no exterior nin na web).

A partir do luns, día 6 de xullo, e ata o día 15 do mesmo mes os pais/nais dos alumnos/as poderán pasar a recoller os vales das axudas concedidas en horario de 10:30 a 13:30. Os que non se recollan nese período, entregaranse no mes de setembro.

Os alumnos que cursen 3º ou 4º de E. Primaria no curso 2020/2021 e participen no FONDO SOLIDARIO, despois de consultar as listaxes expostas, deberán pinchar no seguinte enlace para saber os libros que deberán mercar: Enlace

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar