HISTORIAIS ACADÉMICOS sticky icon

Os pais/nais/titores legais dos alumnos que remataron 6º curso de E. Primaria promocionando ao instituto poden pasar polas oficinas do centro a partires do luns 29 de xuño para recoller os HISTORIAIS ACADÉMICOS.

Estes documentos orixinais deberanse conservar sempre en propiedade do alumno/a, aportando fotocopias cando lle sexan requeridos para calquera trámite. Para a matrícula no instituto non lle deberán ser requeridos pois, segundo a normativa vixente, o centro remitiralle copias dos mesmos ao instituto correspondente previa petición deste.

LIBROS DE TEXTO 2020/2021 sticky icon

No seguinte enlace publícase a relación de libros de texto e material didáctico que se utilizarán no centro para o vindeiro curso escolar 2020/2021.

Ata que se publiquen as listaxes definitivas de axudas concedidas para libros do fondo (3º, 4º) ou para a adquisición de libros (1º, 2º) non se deben mercar os libros de texto.

A partires do 1 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios interior do centro a listaxe provisional de admitidos e excluídos na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar e a participación no fondo solidario de libros de texto. O 10 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

A partires do día 1 de xullo e ata o 15 de xullo poderán recoller os vales no colexio, en horario de 10:30 a 13:30. Os que non se recollan nese período, entregaranse no mes de setembro.

Os solicitantes con axudas denegadas por erros na documentación, ou os que detecten algún erro no vale, terán 2 días desde a publicación da listaxe provisional para emendar as deficiencias ou remitir a documentación necesaria.

 

SOLICITUDE TRANSPORTE - COMEDOR CURSO 2020/2021 sticky icon

Está aberto o prazo para solicitar os SERVIZOS DE TRANSPORTE ESCOLAR E COMEDOR ESCOLAR para o curso 2020/2021.

Os alumnos/as que desexen ser usuarios de calquera destes servizos (ou dos dous) deben cumprimentar e presentar no centro o impreso:

No caso de que se solicite praza para o comedor escolar, deberase cumprimentar tamén o impreso:

 

COLABORADORES/AS DO COMEDOR

A partir do 22 de xuño estará aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2020/2021. Os pais/nais/titores legais que desexen colaborar deberán cubrir o seguinte impreso e presentalo na dirección do centro:

Todos estes impresos tamén están dispoñibles nas dependencias do centro.

 

AXUDAS sticky icon

Están convocadas as AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, así como a PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

 ORDE (D.O.G.)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Para presentala presencialmente no centro, pode descargar este IMPRESO ou solicitalo no colexio.

LETRAS GALEGAS 17.05.2020 sticky icon

Moi bo domingo! 

Comezamos o día de hoxe con algo de música:

Como xa sabedes, o 17 de Maio é o día das Letras Galegas, e aínda que este ano, dadas as circunstancias que estamos vivindo, se pospuxo a celebración dese día, nós, dende o centro, queremos homenaxear ó autor deste ano con algunha actividade, polo que vos propoñemos o seguinte:

Para todos os cursos e aqueles alumnos que desexen participar: propoñémosvos debuxar unha caricatura de Calero, onde, ó lado, escribades a vosa palabra favorita en galego e o lado nos expliquedes porque vos gusta esa palabra.
Para 5º e 6º: gustaríanos que buscarades rúas das provincias galegas co nome do autor, e sacar unha captura de pantalla ou foto de dita rúa. Cada grupo tendes asignada unha provincia, de xeito que a 5ºA tocouvos A Coruña, 5ºB deberedes centrarvos en Lugo, 6ºA tendes Pontevedra e para 6ºB asignousevos Ourense.

Ambas tarefas terán como data límite de entrega o venres 22 de maio, e deberedes envialas ós vosos titores.

Ademais, deixamosvos estas ideas para aqueles que queirades coñecer e traballar algo mais sobre Carvalho Calero.

A través deste enlace poderedes ver unha serie de caricaturas que o debuxante Siro elaborou, seguro que vos da ideas para debuxar a vosa!

Neste outro enlace tendes información sobre a vida do autor:

Se o que queredes son Unidades didácticas para traballar sobre o escritor, podedes acudir a estoutro enlace, hai algunhas en galego e outras en portugués:

"As pitas baixo a choiva" é unha páxina web que nos ofrece uns recursos moi chulos e amenos para aprender sobre Calero, conta con música, un conto e unha Unidade didáctica:

E coma todo-los anos, a web do Seminario Galán ofrécenos unha morea de recursos adaptados a diferentes idades para homenaxear, coñecer e traballar os autores homenaxeados cada ano nesta data tan importante para a nosa terra. Se premedes en cada un dos libros podedes acceder a distintas actividades, biografía, videos, xogos e incluso antigas fotografías:

E para táqueles con vena artística, un par de enlaces por si vos animades a participar. Como cada ano, a marca Feiraco convoca un concurso de relatos breves, este ano, ademais, engadiu a novidade dun Certame Infantil de Artes Plásticas moi interesante. Dende o centro animámosvos a participar, pois teredes a oportunidade de sacar á luz ese talento que moitos de vos tendes e ademais.... os premios son moi xugosos!!!

Adxuntos van un par de documentos mais sobre o autor.

E finalmente, unha serie de xogos, para que disfrutedes e o pasedes en grande!:

 

E para rematar o festexo do memos xeito que o comenzamos, unha cancionciña que vos faga disfrutar:

E aprender!:

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar