You are hereVolver a vernos...!

Volver a vernos...!


By celia - Posted on 26 Abril 2020

Hai moitos días que non nos vemos, e a situación que estamos vivindo é un pouco complicada. Por iso, para vernos e darnos ánimos uns a outros, imos propor unha actividade, para todxs aqueles que queiran participar.

Esta actividade consiste en enviar unha foto na que se vexa ó alumnado só ou coa súa familia, cunha mensaxe de ánimo. Con estas fotografías crearase un vídeo.

Para participar, tedes que enviar a fotografía ó teléfono do centro (641 68 03 34) por whatsapp, e tedes de marxe ata o venres 1 de maio.

Este vídeo publicarase na web do centro, polo que, se se participa, considérase que se da a autorización de imaxe.

Unha aperta para todxs!!!

 

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar