You are hereRecomendacións "LETRAS GALEGAS" (En breves teredes máis contidos)

Recomendacións "LETRAS GALEGAS" (En breves teredes máis contidos)


By alberto - Posted on 08 Maio 2020

O próximo 17 de maio conmemórase o día das Letras Galegas, e aínda que este ano se vai celebrar en outubro, nós queremos recordalo. Lévase facendo desde o ano 1963. Desde ese momento, foron pasando moit@s escritores/-as galeg@s.

A primeira perosoa a que se lle adicou ese día foi a Rosalía de Castro, pero este ano tócalle a Ricardo Carvalho Calero. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa.

Deixámosvos unhas páxinas para que poidades informarvos:

http://seminariogalan.org/

http://primaveradasletras.gal/

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

https://academia.gal/letras-actual

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar