Skip to Content

Secretaría

REUNIÓNS FAMILIAS INICIO DE CURSO

Pinchade na imaxe para ampliar

 

FAMILIAS COLABORADORAS NO COMEDOR

Aquelas nais ou pais que desexen colaborar no comedor escolar no vindeiro curso 22/23 deberán entregar a seguinte documentación do 1 ao 8 de xullo en horario de secretaría (de 10 a 12):

Documentación colaboración comedor

SOLICITUDE COMEDOR CURSO 2022-2023

PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA DE COMEDOR PARA O PRÓXIMO CURSO 2022-2023:

DO 1 DE XULLO AO 8 DE XULLO (AMBOS INCLUÍDOS)

Para formalizar a praza todo o alumnado usuario de comedor (Infantil e Primaria) ten que entregar a seguinte documentación en horario de secretaría de 10 a 12 horas.

Pinchade no enlace para descargar ou pedide unha copia no centro.

MODELO AUTODECLARACIÓN

Tedes no seguinte enlace as instrucións publicadas na páxina web da Xunta de Galicia:

INSTRUCIÓNS

IMPORTANTE: 

A renda neta per cápita familiar obterase comoresultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2021.

1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro.
2. Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación.

Segundo isto,a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado de facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

                                     casiña 435 + casiña 460 – casiña 595

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

As aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar aparecen recollidas nas instrucións anteriores.

PUBLICACIÓN LISTAXE DE ADMITIDOS AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

Os prazos para o procedemento do fondo solidario de libros de texto e material escolar é o seguinte:

  • 1 DE XULLO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO TABOLEIRO DO CENTRO.
  • 4 E 5 DE XULLO: RECLAMACIÓN Á LISTAXE PROVISIONAL.
  • 6 DE XULLO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO TABOLEIRO DO CENTRO.
  • 7 E 8 DE XULLO: ENTREGA DE VALES EN HORARIO DE 10.00 A 12.00.
Distribuir contido


by Dr. Radut