Skip to Content

SOLICITUDE COMEDOR CURSO 2022-2023

PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA DE COMEDOR PARA O PRÓXIMO CURSO 2022-2023:

DO 1 DE XULLO AO 8 DE XULLO (AMBOS INCLUÍDOS)

Para formalizar a praza todo o alumnado usuario de comedor (Infantil e Primaria) ten que entregar a seguinte documentación en horario de secretaría de 10 a 12 horas.

Pinchade no enlace para descargar ou pedide unha copia no centro.

MODELO AUTODECLARACIÓN

Tedes no seguinte enlace as instrucións publicadas na páxina web da Xunta de Galicia:

INSTRUCIÓNS

IMPORTANTE: 

A renda neta per cápita familiar obterase comoresultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2021.

1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro.
2. Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación.

Segundo isto,a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado de facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

                                     casiña 435 + casiña 460 – casiña 595

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

As aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar aparecen recollidas nas instrucións anteriores.



page | by Dr. Radut