Skip to Content

Secretaría

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024

A continuación tedes o enlace con toda a información sobre o proceso de admisión para o alumnado para o próximo curso 2023-2024.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Existe a posibilidade de presentar a solicitude de 3 formas diferentes. Lembrade que o proceso é o de admisión (MODELO ED550B). Se pinchades no enlace anterior tedes toda a información de cada unha delas: 

1.Cubrir a solicitude informáticamente na páxina de admisión e presentala de xeito manual no centro.

2. Cubrir a solicitude informáticamente na páxina de admisión e asinala en Sede Electrónica.

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada no centro.

Podedes descargar a solicitude no seguinte enlace: SOLICITUDE ADMISIÓN (MODELO ED550B)

O PRAZO PARA PRESENTALA É DO 1 AO 20 DE MARZO EN HORARIO DE SECRETARÍA DO CENTRO (CONSULTAR APARTADO HORARIOS DO CENTRO NESTA WEB)

  • Prazo de presentación de solicitudes: 1 ao 20 de marzo.
  • Publicación da listaxe provisional de admitidos: 25 de abril (no taboleiro de anuncios do centro). A partir da data de publicación hai 5 días hábiles para reclamar esta listaxe.
  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos: 16 de maio.
  • Prazo de matrícula: 20 ao 30 de xuño.

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO 3 ANOS (CURSO 2023- 2024)

Nos próximos días colgaremos información sobre o proceso de admisión para o alumnado de 3 anos que se incorpore ao centro. O proceso de reserva de praza será dos días 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).

INSTRUCIÓNS RESERVA DE PRAZA AO CENTRO ADSCRITO

Segundo as INSTRUCIONS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN, recollidas na disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022 comunicámoslles a apertura do prazo para a presentación de solicitude co código de procedemento ED550A para cambio dun centro a outro ao que se está adscrito.

 Isto afecta ao alumnado de 6º de E. Primaria que desexen cursar a ESO no IES de Curtis, que é o instituto ao que este centro está adscrito.

 O prazo é do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023 ambos incluídos.

 As familias terán que entregar a solicitude de reserva de praza en horario de secretaría no centro de orixe (no CEIP de Teixeiro) : Anexo I documento adxunto 

Ou ben poden presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación admisionalumnado.

 

 

RENOVACIÓN PARCIAL AO CONSELLO ESCOLAR.

Están publicadas no taboeiro de anuncios do Centro as candidaturas á seccion de pais/nais para a renovación parcial do Consello Escolar. O prazo de reclamación a estas candidaturas é ata o 24 de novembro. Hoxe enviarase a comunicación aos pais/nais que formarán parte da mesa electoral o día 29 de novembro que sairon no sorteo celebrado no día de onte pola Xunta Electoral. Asimesmo tamén será enviada a comunicación de pais/nais candidatos/as.  O horario de votacións será o 29 de novembro de 5 a 8 da tarde no comedor do Centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut