Skip to Content

Secretaría

INICIO DO PROCEDEMENTO DE RESERVA PARA O IES

Segundo as instrucións para a reserva de praza no centro de adscrición correspondente, recollidas na disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022 comunicámoslles a apertura do prazo para a presentación de solicitude co código de procedemento ED550A para cambio dun centro a outro ao que se está adscrito.

Isto afecta ao alumnado de 6º de Educación Primaria que desexen cursar a ESO no IES de Curtis, que é o instituto ao que este centro está adscrito.

O prazo de presentación é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024 ambos incluídos.

Presentación da documentación:

- As familias terán que entregar a solicitude de reserva de praza en horario de secretaría no centro de orixe (no CEIP de Teixeiro) : ANEXO ED550A

- Ou ben poden presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación ADMISIÓNALUMNADO.

Máis información na páxina web de Educación da Xunta. Pinchade aquí

APLICACIÓN ABALAR

Se algunha familia ten problemas de recepción de mensaxes a través da aplicación ABALAR que se poña en contacto con secretaría (ver horario de atención no apartado de horarios) ou que mande un correo ao centro (ceip.teixeiro@edu.xunta.gal).

HORARIO SECRETARÍA 23-24

COMEDOR

Todo o alumnado que solicitou praza para facer uso do comedor nas datas establecidas está admitido.

LISTADO DE MATERIAL CURSO 23-24

Pinchade no seguinte enlace para consultar o material de cada aula: 

LISTADO DE MATERIAL CURSO 23-24

Distribuir contido


by Dr. Radut