try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

borradores

Fotografías presentadas ao V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

 
FOTOGRAFÍA PREMIADA ELIXIDA POLO ALUMNADO
 
AUTORA: Iria Rocha González.

TÍTULO: A igualdade.
DESCRIPCIÓN: Símbolo igual, tamén utilizado para reivindicar a igualdade social, plasmado nun paso de peóns no concello de Valença do Minho.
MATEMÁTICA: O "=", tamén chamado signo igual, é un símbolo matemático utilizado para indicar a igualdade matemática. Foi inventado en 1557 polo galés Robert Recorde.

Obradoiros, charlas, roteiros,...na Semana das Ciencias

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS para as familias interesadas en matricular aos seus fillos/as no centro.

 

 

 

 

O Apalpador visita o colexio

Quen é o apalpador?

      O vello Apalpador é  unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e aos nenos polas datas de Nadal. Até os nosos días amósase coma un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as súas barriguiñas. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

 

 

Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes.

Evitar contaxiarse con malaria

No colexio desenvolvemos varias campañas de apoio á ONG, Africa Sawabona (africasawabona.org) que actúa en  País Bassari (Senegal) a nivel sanitario e,  desde entón, envíannos imaxes para que coñezamos algo máis do seu poboado.

Nesta ocasión e grazas as aportacións solidarias, un equipo de limpeza do pobo  manten limpo o poboado para evitar o mosquito que produce a malaria.

8 de marzo, dia da muller traballadora

 

Begoña Vila, (Vigo, 1963) é doutora en astrofísica especializada no estudo das galaxias espirais. Na actualidade reside en Estados Unidos. Premiada pola NASA por contribuir de xeito relevante á misión da axencia espacial ao liderar un equipo composto por máis de mil persoas que traballan na posta en marcha do telescopio  James Wedd.

En 2017 recibiu da Xunta de Galicia, o premio Mª Josefa Wonenburger que resalta á traxectoria das mulleres no ámbito da ciencia e da tecnoloxía. No dia da muller traballadora queremos salientar a figura desta " científica muller",  como exemplo que contribue a situar nun primeiro plano a perspectiva de xénero na actividade científica.

Estreamos ordenadores e aprendemos a colocar lapis no Xpro3

Como somos Edixgal, fai uns dias recibimos da Consellería de Educación os novos equipos HP con lapis dixital, e para que non teñamos ningún problema na colocación do lapis, aproveitaremos o video explicativo que o asesor Abalar Tui, colgou no seu blog.

http://www.edu.xunta.gal/centros/zonatuid6/system/files/video.mp4

 

Inicio do periodo de admisión

CLICA NO DOCUMENTO ADXUNTO PARA VER A OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 2018-2019.

PERIODO DE ADMISIÓN DE MATRÍCULA para o curso 2018-2019

Periodo de solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.

CLICA APLICACIÓN PARA A XESTIÓN DAS SOLICITUDES.

 

Bo Nadal!

 Polo Nadal chega o Apalpador

Quen é o Apalpador?

O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e aos nenos polas datas de Nadal. Até os nosos días amósase coma un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as súas barriguiñas. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes.

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña.
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Hai moitos personaxes polo mundo adiante que traen agasallos aos nenos polo Nadal. Uns están representados como boa xente e outros como “os malos” mais case que todos teñen un tronco común, ben seguro que precristián. Para saber máis sobre estes personaxes navega por este sitio no que atoparás cousas moi curiosas.

Fonte: http://www.apalpador.com/orixes/

 

Distribuir contido