Mª XESÚS BLANCO VISITA O NOSO CENTRO

Este venres, 24 de febreiro visitou o noso centro a escritora melidense Mª Xesús Blanco, autora do libro "O caderno de Rosalía".

A escritora contoulles aos rapaces e rapazas de quinto e sexto que ela quedou namorada de Pipi Calzaslongas, personaxe de Astrid Lindgren. Unha visita coa súa familia á casa de Rosalía de Castro redondeou o seu proxecto literario, bautizado como "O caderno de Rosalía". Elixiu o nome de Rosalía para a protagonista do seu libro porque pensa que transmite personalidade e fortaleza. 

Rosalía, personaxe principal do seu conto, é unha nena forte, valente e entusiasta que vai plasmando no seu caderno todo aquilo que lle acontece e tamén o día a día da xente que a rodea. Algunhas destas vivencias son divertidas, pero outras non o son tanto. Estas e outras cousas foi explicándolles a escritora ao noso alumnado e despois deu paso ás preguntas que eles e elas lle foron formulando.

Foi un encontro moi entrañable. Moitas grazas Mª Xesús por esta visita!!

    

   

INFORMACIÓN XORNADA ÚNICA

CESTA PREMIADA!!!!!

O venres 17 de febreiro sorteamos a cesta do entroido e o NÚMERO PREMIADO foi o 0574.

Puxémonos en contacto coa persoa agraciada que se presentou no Centro co boleto premiado para recoller a cesta.

NORABOA!!!!!

Música - Repasando os ritmos do libro (1º e 2º)

Boa tarde!

Aquí deixo un par de vídeos para que os nenos e nenas de 1º e 2º EP poidan repasar os ritmos do libro.

1º EP --> Páx. 20 do libro

2º EP --> Páx. 19 do libro

Os vídeos estarán dispoñibles online ata o día do exame.

ROSALÍA DE CASTRO_CURSO 2022-23

Un ano máis, o CEIP de Arzúa conmemora o Día de Rosalía neste mes de febreiro. Desde o EDLG convidamos a todo o profesorado e alumnado a celebrar o Día de Rosalía de Castro con distintas accións para difundir a súa obra.

Nós, este curso, implicamos a todo o centro no proxecto "Hoxe no menú... Rosalía". Como xa contamos na entrevista de Radio Arzúa, esta vez quixemos sacar a obra desta gran escritora á rúa en forma de "Carta dun menú" e para iso cada titoría fíxonos chegar un poema ilustrado que insertou na páxina que lle entregamos. Quixemos expoñelos todos nun mural que quedou así de fermoso.

Para que poidades apreciar mellor o traballo que realizaron os nenos e nenas de todo o colexio, subímolos en pdf.

 PREME AQUÍ E VERÁS O RESTO DOS POEMAS

Con todos estes poemas e as portadas e contraportadas que preparou o alumnado do IES de Arzúa, montáronse os folletos que a día de hoxe xa están repartidos polos restaurantes, bares, biblioteca de Arzúa, Centro da terceira idade, puntos de lectura que hai na vila...

Estes son algúns dos folletos que atopamos nas cafeterías de Arzúa.

  

Neste pdf aparecen os folletos. Hai sete modelos diferentes.

 PREME AQUÍ

As palabras de Rosalía, ademais de enxalzar a beleza da nosa terra, poñen de manifesto as inxustizas e opresións contra as mulleres, os pobres, a lingua galega ou os migrantes. O seu narrar é a escoita do noso mundo. En cada verso xorde unha interpelación para nós. Invitámosvos a lelos!!

 

Estes son algúns dos traballos que se realizaron nas distintas titorías do colexio:

 

 

 

 

Cantamos para felicitar o Entroido!

Os máis pequenos e pequenas cantaron e bailaron unha canción para felicitar o Entroido! Pouco a pouco imos deixando a vergoña na casa e desfrutamos máis da música. Apertas!

Vídeo-fotos do Entroido 2023

Boa tarde!

Agardo que esteades a desfrutar da ponte do Entroido. Aquí deixámosvos un vídeo coas fotografías tomadas na festa de entroido no cole. Saúdos! 

LISTAXE DE VACANTES PARA O CURSO 2023- 2024

CESTA DO ENTROIDO!!!!!

Xa chegou o ENTROIDO!!!!!... e cada vez estamos máis preto da nosa viaxe á neve....

Traballamos con ilusión e entusiasmo para abaratar o custo desta actividade deportiva, por iso decidimos sortear unha cesta con productos do entroido.

Dende aquí, os alumnos e alumnas de quinto e sexto de Primaria do Ceip de Arzúa, queremos agradecer a todas aquelas persoas, que dun xeito ou outro, apoiaron a nosa iniciativa e participaron nela.

Lembrade que mañá VENRES 17 DE FEBREIRO, sortearemos a CESTA DO ENTROIDO.

 Moitas GRACIASSSSS a todos/as por participar e.... MOITA SORTE!!!!

 

VISITA A RADIO ARZÚA PARA DIFUNDIR O PROXECTO "HOXE NO MENÚ...ROSALÍA"

Hoxe, 15 de febreiro o CEIP de Arzúa e o IES de Arzúa, representados polas coordinadoras de Dinamización Lingüística e unha alumna de cada centro, xunto coa Concelleira de Cultura do Concello de Arzúa, participaron nun programa de Radio Arzúa para dar a coñecer o proxecto de Rosalía no que colaboran este curso e que financia o Concello de Arzúa. 

O nome do proxecto deste ano chámase "Hoxe no menú...Rosalía". Trátase esta vez de divulgar a obra desta gran poeta a través duns folletos, que simulando a carta dun menú, presentan un retrato da escritora na portada e logo levan tres poemas ilustrados nas páxinas que a acompañan. A portada e contraportada realizounas o alumnado do IES de Arzúa e as dúas páxinas interiores os nenos e nenas do noso centro. Vanse repartir sete folletos diferentes entre o sector hostaleiro e ademais faranse chegar ao centro de saúde, biblioteca da vila, centro da terceira idade, puntos de lectura espallados polo pobo... No IES de Arzúa e no CEIP de Arzúa quedarán un modelo de cada folleto para que o poida ollar todo o alumnado que se achegue á biblioteca. 

Déixamosvos aquí o audio da entrevista que se nos fixo esta mañá en Radio Arzúa. Grazas por axudarnos a difundir o noso proxecto!! 

  PREME AQUÍ

 

Powered by Drupal - Design by artinet