ROSALÍA DE CASTRO_CURSO 2022-23

Un ano máis, o CEIP de Arzúa conmemora o Día de Rosalía neste mes de febreiro. Desde o EDLG convidamos a todo o profesorado e alumnado a celebrar o Día de Rosalía de Castro con distintas accións para difundir a súa obra.

Nós, este curso, implicamos a todo o centro no proxecto "Hoxe no menú... Rosalía". Como xa contamos na entrevista de Radio Arzúa, esta vez quixemos sacar a obra desta gran escritora á rúa en forma de "Carta dun menú" e para iso cada titoría fíxonos chegar un poema ilustrado que insertou na páxina que lle entregamos. Quixemos expoñelos todos nun mural que quedou así de fermoso.

Para que poidades apreciar mellor o traballo que realizaron os nenos e nenas de todo o colexio, subímolos en pdf.

 PREME AQUÍ E VERÁS O RESTO DOS POEMAS

Con todos estes poemas e as portadas e contraportadas que preparou o alumnado do IES de Arzúa, montáronse os folletos que a día de hoxe xa están repartidos polos restaurantes, bares, biblioteca de Arzúa, Centro da terceira idade, puntos de lectura que hai na vila...

Estes son algúns dos folletos que atopamos nas cafeterías de Arzúa.

  

Neste pdf aparecen os folletos. Hai sete modelos diferentes.

 PREME AQUÍ

As palabras de Rosalía, ademais de enxalzar a beleza da nosa terra, poñen de manifesto as inxustizas e opresións contra as mulleres, os pobres, a lingua galega ou os migrantes. O seu narrar é a escoita do noso mundo. En cada verso xorde unha interpelación para nós. Invitámosvos a lelos!!

 

Estes son algúns dos traballos que se realizaron nas distintas titorías do colexio:

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet