CEIP DE ARZÚA

981500291

698146536

ceip.arzua@edu.xunta.gal

orientacion.ceip.arzua@edu.xunta.gal

(Só para xestións co Departamento de Orientación)

 

 

 

 

 

 

 

 

BIBLIOTECAS ESCOLARES/EQUIPOS DINAMIZACIÓN

       

 

          

 
 
 

 

INCHABLES (ANPA XERMOLOS)

Este curso 2023-2024 está chegando ao seu fin.

Un ano máis, a ANPA XERMOLOS convidounos a pasar unha xornada con inchables e moita diversión! 

Durante toda a mañá, por turnos, todos os nenos e nenas do colexio desfrutaron desta actividade e pasárono xenial!

Rematando o curso con arte dixital

Xa non queda nada para rematar este curso escolar, e non hai nada mellor que rematar estas semanas cun pequeno taller de iniciación ao debuxo dixital.

Para iso, agora que xa temos actualizada a nosa tablet da biblioteca cun lápiz dixital, o alumnado de 5º de Primaria comezou o deseño dun mazo de cartas para xogar ao Dixit, un dos xogos populares da biblioteca.

 

 

 

Primeiro crearon o seu propio deseño en papel, para despois importalo no programa de debuxo dixital e traballar co perfilador, as texturas, as cores... É un traballo que leva o seu tempo! E por iso agora o importante é inicialos neste tipo de aplicacións de deseño, para traballair máis a fondo o próximo curso e que o mesmo alumnado que aprendeu neste taller poida ensinar aos seus compañeiros e compañeiras doutros ciclos.

E así de preciosas e orixinais están a quedar as primeiras cartas creadas dixitalmente:

 

 

 
 
 
E queremos rematar esta publicación lembrando algunhas das nosas producións máis artísticas e creativas neste curso escolar, en Biblioteca Creativa:
 





 
 
 
 





 
 





 

 




FIN DE CURSO

Prezadas familias:

Este curso 2023 - 2024 está a piques de rematar.

Querémosvos convidar ao noso FESTIVAL DE FIN DE CURSO e ACTO DE DESPEDIDA AO ALUMNANDO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA que terá lugar o venres, 21 de xuño ás 12:00 horas.

 

Agardámosvos!

 

                      

Proxecto diversidade cultural na materia de Música

Este curso escolar, utilizando como inspiración o eixe de "Unha ventá aberta ao mundo", na aula de Música e facendo uso da Biblioteca escolar, os alumnos e alumnas de 4º e 5º EP traballamos ao longo do curso co lema "We are the others" ( Todos somos "os outros") para concienciar aos nenos e nenas do importante que é coñecer e apreciar a diversidade cultural do mundo. As manifestacións artísticas, como a música e o baile, amosan o carácter e esencia dun pobo, contan a través de movementos, cancións e instrumentos a súa historia, costumes e cultura.

Tamén colaboramos cunha ONG para compartir un vídeo falando da nosa tradición oral cunha escola en Tumaco, Colombia, e que os nenos comprendan o diferente que pode ser a ensinanza noutros países.

 

 

Podedes ver a publicación completa no blogue de Unha ventá aberta ao mundo:

https://unhaventaabertaaomundo.blogspot.com/2024/06/we-are-others-as-culturas-do-mundo.html

 

 

INFORMACIÓN DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE ARZÚA

O vindeiro día 11 de xuño ás 16:00h da tarde vanse realizar as probas de aptitude e accesos para todas as familias que teñan interese en matricular aos seus fillos e fillas no vindeiro ano académico 2024/25.

 

 

 

 

 

 

 

DIA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

Para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente cada nivel realizou unha flor de papeis reciclados.

A súa folla era a bandeira que representaba as diferentes nacionalidades de alumnado e profesorado do colexio.

Deste xeito, celebramos a diversidade, a natureza, as marabillas do mundo e a importancia de coidar a nosa terra.

                            

CONTACONTOS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO DE ARZÚA

O espectáculo que leva por nome "De Castro a Villalta", da compañía A Xanela do Maxín, pretende poñer en valor o legado de seis mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía de Castro a Luísa Villalta. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura. 

Empezamos pois con Rosalía de Castro e seguimos con Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, para rematar, como non podía ser doutro xeito, con Luísa Villalta. 

O espectáculo estivo xenial e a posta en escena foi moi orixinal, ao incluír hologramas. Pareceunos unha forma moi didáctica de mostrar a vida e obra das mulleres que foron homenaxeadas o Día das Letras Galegas. 

  

  

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet