VISITA A RADIO ARZÚA PARA DIFUNDIR O PROXECTO "HOXE NO MENÚ...ROSALÍA"

Hoxe, 15 de febreiro o CEIP de Arzúa e o IES de Arzúa, representados polas coordinadoras de Dinamización Lingüística e unha alumna de cada centro, xunto coa Concelleira de Cultura do Concello de Arzúa, participaron nun programa de Radio Arzúa para dar a coñecer o proxecto de Rosalía no que colaboran este curso e que financia o Concello de Arzúa. 

O nome do proxecto deste ano chámase "Hoxe no menú...Rosalía". Trátase esta vez de divulgar a obra desta gran poeta a través duns folletos, que simulando a carta dun menú, presentan un retrato da escritora na portada e logo levan tres poemas ilustrados nas páxinas que a acompañan. A portada e contraportada realizounas o alumnado do IES de Arzúa e as dúas páxinas interiores os nenos e nenas do noso centro. Vanse repartir sete folletos diferentes entre o sector hostaleiro e ademais faranse chegar ao centro de saúde, biblioteca da vila, centro da terceira idade, puntos de lectura espallados polo pobo... No IES de Arzúa e no CEIP de Arzúa quedarán un modelo de cada folleto para que o poida ollar todo o alumnado que se achegue á biblioteca. 

Déixamosvos aquí o audio da entrevista que se nos fixo esta mañá en Radio Arzúa. Grazas por axudarnos a difundir o noso proxecto!! 

  PREME AQUÍ

 

Powered by Drupal - Design by artinet