You are hereProgramacións LOE

Programacións LOE


Modificación das programacións para este curso 2019-2020

Co gallo do confinamento e da suspensión da actividade nos centros educativos, a Consellería de Educación acordou que os contidos que se tiñan que dar durante o terceiro trimestre do curso pasarán a darse durante o primeiro trimestre do curso que vén.

As actividades a realizar durante este último trimestre serán de reforzo e recuperación, non podendo influír negativamente na avaliación final do curso, aínda que si poden servir para recuperar materia non superada durante a primeira e segunda avaliación.

A tal efecto o profesorado do centro elaborou unha adaptación da programación habitual na que se reflicten os obxectivos e estándares de avaliación que quedan adiados para o curso 2020-2021, e que polo tanto non serán tidos en conta no proceso de avaliación deste curso atípico no que nos atopamos.

Os documentos aos que nos referimos os podedes consultar nos anexos desta entrada.