Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

(2011-2012) Informádevos aquí sobre: Balonmán, Baloncesto, Fútbol, Bádminton e Xadrez

¿Queredes saber máis sobre os deportes que estamos a traballar para os encontros de Deporte Escolar?

Pois se entrades no seguinte enlace sobre os deportes olímpicos, no apartado que pon á dereita "outros deportes", atoparedes un pequeno listado no que daravos información sobre normativas, materiais, o campo de xogo, historia,... sobre:   BÁDMINTON , BALONMÁN , FÚTBOL , BALONCESTO E XADREZ (entre outros).

Botádelle unha boa ollada!

Nas próximas sesións falaremos sobre algúns deles.

(2011-2012) E.F. : Coñecendo o Acrosport.

Traballadas xa o curso pasado na unidade de Ximnasia volteretas, pinos, puntais, cravos,..., pasamos a traballar unha unidade na que tivemos que superar un pouco máis de dificultade.

Entre outros, os obxectivos a traballar co Acrosport foron: adquirir e respetar as normas de seguridade, aprender a valorar o risco e a tomar precaucións, cooperar cos compañeiros de equipo, desenrolar a confianza e seguridade en si mesmos,...

A través de fichas con imaxes das distintas formacións e agrupacións e de información e vídeos atopados en internet, comezamos a traballar en equipos combinando as diferentes habilidades para poder acadar posturas cada vez un pouco máis complicadas.

 

(Se fas clic en VÍDEOS poderás ver algún exemplo máis de coreografías, campionatos,...)

 

 

Polo perigo que conleva algunha destas formacións traballamos ben previamente as distintas posicións, roles (áxil, portor, e axuda), apoios, axudas, normas de seguridade,... e ao longo da unidade non tivemos ningún problema

Algúns dos momentos de traballo deste tema foron:

Estudando e decidindo cal e como sería a posición de cada un de nós dentro da formación elexida, onde se facían os apoios, as axudas, quen faría de portor e quen sería o áxil,...

 

Facendo en parellas letras do abecedario

Tamén con elas algunha palabra (sexto)

E facendo figuras con diferentes agrupacións: de 2, 3, 4, 5, 6 compoñentes

En parellas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En tríos

 

 

 

En grupos de 4

En grupos de cinco:

En grupos de seis:

 

Como remate da unidade ao ritmo da música titulada Manbo nº5, tal como miramos no vídeo da web do cole, tentamos empregando estas figuras facer un baile. Algo saiu mais necesitariamos máis tempo.

Tema rematado!

Agora toca respostar as preguntas da ficha de fin de tema para valorar todo o que aprendemos nel.

(2011-2012) Xa temos os resultados do Cross

Xa nos enviaron a clasificación do Cross.

A ver se vos atopades (se faltades algún de vós avisade, porque hai erros):

Benxamín femenino (70 participantes)

-17º: Laura Mier

-20º : Lucía Senra

-31º: Nerea

-32º : Noa

-39º: Nuria.

Benxamín Masculino ( 80 participantes)

-1º Anxo

-49º Diego

Alevín Femenino :  ( 103 participantes)

10º- Maica

11º- Virginia

15º- Fátima

26º- Tamara

29º- Tania

37º- Uxía

38º- Andrea

41º- María

47º- Carla

54º- Laura Zas

64º- Noelia

Alevín Masculino : (  82 participantes)

4º- Alex

8º- Jose Graña

9º- Ismael Escariz

19º- Ismael Serrapio

20º- Xermán

23º- José Vázquez

25º- Borja

39º- Pablo Abal

42º- Daniel Camiña

58º- Daniel Campos

Infantil Femenino (  59 participantes)

2º- Arantxa

9º- Ana

22º- Andrea

Infantil Masculino ( 64 participantes)

15º- Roberto

18º- Iván

19º- Pablo

25º- Daniel

32º- Óscar

35º- David

40º- Martín

42º- Santiago

47º- Jesús

62º- Maikel

 

 

 

(2011-2012) Acrosport

Nestes días no terceiro ciclo (5º e 6º) estamos a traballar unha unidade didáctica sobre o Acrosport.

Nos próximos días engadiremos fotos dalgunha das figuras que andamos a practicar nas distintas sesións.

Mais de momento podedes irvos facendo unha idea do que é entrando no apartado de E.F. e facendo clic en VÍDEOS.

Ahí tedes dúas coreografías e imaxes de como facer algunha das figuras.  Tomade nota!

(2011-2012) Participación na carreira de Campo a través (2º e 3º ciclo)

 

O pasado venres 20 de xaneiro participamos todos os nenos e nenas de segundo e terceiro ciclo na competición de cross escolar celebrada en Soutelo.

 

Sobre as 11:00 comezaron a chamar a todos os participantes para que se fosen colocando na liña de saída.

As primeiras foron as nenas de 3º curso:

Seguíronlle os nenos de 3º, onde Anxo quedou en primeiro lugar:

 

As seguintes foron as nenas de 4º e 5º curso:

E logo os nenos de 4º e 5º curso:

Algunha mamá tamén apareceu por alí para dar ánimos!

Seguíronlle as nenas de sexto e primeiro da ESO

 

E remataron os nenos de sexto cos de primeiro da ESO

E como premio final, coma os demais anos, un chocolate quentiño con magdalenas. Aquí o estamos a saborear despois do gran esforzo feito. 

Noraboa a todos e todas por vir a participar nel.

Agora queda agardar a que nos manden os resultados.

(2011-2012) Primeiro trimestre en EF: 3º ciclo (5º e 6º)

Rematado o 2011 imos facer un repaso do traballado durante o primeiro trimestre na nosa área cos nenos e nenas do terceiro ciclo; foron 4 unidades didácticas que complementan as traballadas no trimestre do curso anterior.

Ademais como novidade, este ano cada un de nós terá unha pequena carpeta onde irá metendo as distintas fichas de traballos, informacións e repasos dos temas traballados.

-1ª unidade: Ola de novo!: como comezo do curso, para que saiban que actividades e xogos, de maneira xeral, se van a realizar, potenciar o traballo en grupo, a cooperación, o respecto, o coidado dos materiais, recordar as normas , a importancia do aseo , practicar novos xogos e, ante todo , aprender xogando e cooperando.

-2º unidade: Estades en forma? : traballando as cualidades físicas: resistencia (só a aeróbica), velocidade (xestual, de desprazamento e de reacción), forza(soportando o seu propio peso en situacións de xogo) e flexibilidade (manténdoa e incidindo nela sobre todo nos quecementos). Déuselle moita importancia a que sexan capaces por sí mesmos de tomar o pulso ao comezo, remate e tras 1 minuto de recuperación, facendo rexistros semanais do seu pulso en reposo e  fixemos actividades empregando fonendoscopios e pulsómetros. Tamén experimentamos con diferentes probas que son empregadas para medir o noso estado en cada unha das cualidades ( test de Course Navette, flexión de tronco,...)

          

Nestes días ´tamén participamos no circuito de xogos cos froitos do Outono que se fixeron na Celebración do Magosto , nos cales fixeron de monitores todos os de 6º curso.

-3º Unidade:  Estás san?: neste ciclo afiánzanse os hábitos de hixiene, alimentación, posturais e de exercicio físico. De ahí a importancia de traballar as relacións entre a saúde e a práctica de xogos e actividades deportivas.  Que coñezan a importancia dun bo quecemento, as conductas beneficiosas e perxudiciais para a saúde, medidas de seguridade, rutinas e normas diarias de coidado do corpo,... son algúns dos contidos traballados.

Con esta unidade elavoramos un traballo entre o alumnado de 5º e 6º fotografiándonos en distintos momentos que representarían o antes e o despois dos cambios que se producen no noso corpo coa práctica do exercicio físico continuado.

Témolo exposto no noso corredor e tamén o podedes ver nesta mesma páxina na entrada de "Beneficios da actividade física"

 

-4º unidade:Xogades?Ao igual que os demais cursos do colexio , no mes de decembro adicámonos á práctica, recopilación, investigación,... dos xogos populares. Para elo tiñamos na web do colexio información e vídeos sobre eles, levamos para a casa unha ficha para que falando coas persoas máis maiores que coñeciamos recollésemos información de como se entretían xogando,... 

xogamos cos materiais que viñeron no baúl dos Xogos Tradicionais: diferentes tipos de chaves, unha corda, aros e guiadores, trompos, elásticos, chapas,...;

e tamén aproveitamos para pintar o patio cuberto cos diseños de xogos que xa tiñamos preparados.

Cada un dos nenos de 6º preparou un dos xogos dos paneis informativos e fixeron de monitores ensinándolle a algún dos demais cursos a practicalos no patio cuberto que pintaramos

(2011-2012)Primeiro trimestre en EF: 2º ciclo (3º e 4º)

Durante o primeiro trimestre no segundo ciclo traballáronse as seguintes unidades didácticas:

-1ª Unidade: Ola de novo!: na que se realizaron actividades xogadas que favorecesen o coñecemento dos demais compañeiros (xa que de novo este curso os nenos e nenas de 3º e 4º traballariamos xuntos nesta materia), informouse sobre as cousas que aprenderiamos este novo curso, recordamos as normas para as clases, aseo, ...

-2º Unidade: Como te ves?:para mellorar a propia imaxe que teñen do seu corpo traballáronse xogos e actividades coas que conseguiramos contraer e relaxar distintas partes do corpo, correr respirando correctamente, ser capaz de facer o espello cos demais, recoñecer a dereita e esquerda nos outros,...

Tamén durante estos días participamos no circuito de xogos cos froitos do outono para a celebración do Magosto

-3º Unidade: Onde ides? :traballando a súa percepción do espacio  na que tentaban situarse correctamente respecto a varios obxectos ou compañeiros en movemento, representar recorridos nun plano e orientarse con el, sinalar dereita e esquerda respecto a un compañeiro,...

En catro equipos cada un deles disoñou nunha das sesións desta unidade un percorrido con diferentes accións. Despois de probalo, foron pasando por os dos demais

-Como última Unidade do trimestre traballamos os Xogos Populares xa que nas últimas semanas deste chegounos ao colexio o baúl con Xogos Tradicionais  que puidemos empregar durante as clases e recreos. Veu acompañado duns paneis explicando algún deles, os cales estiveron expostos polo corredor do colexio

E seguimos a disfrutar movéndonos e xogando nos recreos!

(2011-2012) Primeiro trimestre en EF: 1º ciclo (1º e 2º )

Antes de comezar a traballar neste ano novo 2012 , botamos unha vista atrás para lembrarnos de todo o que fixemos durante o primeiro trimestre nas clases de Educación Física.

Todos os cursos comezamos co mesmo tema:

-1ª Unidade "Ola de novo!": nela, tentamos que a volta ao colexio fose alegre, cooperativa, participativa,... traballando en equipo nos distintas actividades e xogos. Tamén se aproveitou para explicarlles os distintos espacios de traballo e materiais, as normas de seguridade, funcionamento, aseo, comportamento,... 

Os de primeiro curso ademais tiveron que identificar, recoñecer e aceptar a todos os novos compañeiros e compañeiras posto que se xuntan nenos de 3 aulas distintas.

-2ª Unidade "O noso corpo": traballouse a través de exercicios e xogos co obxectivo de recoñecer as diferentes partes do seu corpo e as dos seus compañeiros, ver as distintas posibilidades de movemento de brazos, pernas e da columna vertebral, das diferentes articulacións e a representar o seu corpo  e localizar nel todas estas partes.

Como parte de todo este traballo preparamos o seguinte mural que temos exposto no corredor do colexio.

-3º Unidade "Os dous lados":Composta por actividades dirixidas a observar a súa dominancia lateral de mans, pés e vista, ver se recoñecen a súa dereita e esquerda, reproducir accións que fan os demais, situar obxectos con relación ao seu corpo,desplazarse á pata coxa, lanzar, recibir, chutar... co seu lado dominante, ...   Todo elo en busca de afirmar a súa lateralidade

Tamén por estas datas participamos no circuito de Xogos do Magosto

-4ª Unidade "Sentides?": Pequena unidade composta de 4 sesións baseadas en xogos centrados nun dos sentidos: tacto, oído, vista e a última cos cinco; para con eles desenrolar a súa capacidade de atención diferenciando voces, cousas con distintas texturas, olores, pesos, formas,...

- E xa en decembro na última unidade do trimestre desfrutamos cos Xogos Populares, aproveitando que a última semana chegaría ao centro un baúl con materiais e uns paneis con información sobre eles que estiveron expostos polo corredor do colexio.

Ademais dos xogos que fixemos nas clases tamén os nenos de sexto curso explicaron e practicaron con nós algún deles.

No patio cuberto pintaron 2 peletres, un xogo de cores, un caracol, unha gran diana, dúas serpes e unha zona de bolos, co que poderemos seguir xogando a todos eles.

E todo lles sabe a pouco, pois mirade como están no recreo!!

(2011-2012) Disfrutando co Xogo Popular

Lembrádevos como era o patio cuberto antes?

(Nestes días fixemos uns pouquiños de cambios nel)

Nunha 1ª fase: mediuse, fíxose un plano del, pasouse á libreta de matemáticas na que cada baldosa (30x30cm) equivalía a unha cuadrícula, e diseñouse como se poderían poñer debuxos de xogos populares nel.

Na 2ª fase: barreuse,debuxouse, perfilouse e pintáronse os xogos.

 

E na 3ª parte: desfrutamos nel xogando cos ...Xogos Populares

Como xa vos anunciaramos, o luns chegou ao noso centro un Baúl con algún dos materiais para practicar Xogos Tradicionais Galegos: trompos, cordas, chapas, chaves, pellos, aros e guiadores, gomas de saltar,... Solicitámolo a través do Programa Xogade no que participa o noso centro

Ademais veu acompañado duns trece grandes paneis que puxemos polo corredor do colexio onde se ilustran e explican as normas, os diferentes tipos, as cancións, os distintos nomes,... destes xogos.

(Se queredes ver os paneis de cerca e leelos pinchade na foto deles na sala de mestres)

Puxémonos á obra. Os maiores repartíronse cada un collendo un dos carteis, prepararon as explicacións do seu xogo, e fomos chamando xa a algún dos cursos para que baixaran ao noso novo patio cuberto para poder practicar algún deles.

Saltando ao peletre, mariola,...

Tentando darlles ás chaves cos pellos

Tirando da corda xogando ó sogatira

Saltando á goma

Xogando ó buscalumes ou as catro esquinas

A rodar o aro co guiador

 

Saltando no caracol

A lanzar os trompos e facendo carreiras coas chapas

 

E outros que aínda que non se mostren nos paneis, xa os coñeciamos por ensinárnolos na casa a xente maior que nós ou traballalos na clase de Educación Física, coma o reloxio, cancións de comba, saltos de corda,...

Ademais nos recreos tamén dispoñemos deste material para poder xogar con el ( pero só esta semana)

A partir de agora a ver se lle collemos máis o gusto e por fin se xoga a outras cousas que non sexa o fútbol na pista ou o pilla. 

Estaremos vixiantes para que esto non sexa así.

Pouco a pouco

(2011-2012) Mes dos XOGOS POPULARES en Educación Física

RindoCHEGAN OS XOGOS POPULARES!!Sorinte

Durante estes días de Decembro nas clases de Educación Física ides a aprender, recordar, xogar, recopilar,disfrutar,...

cos XOGOS POPULARES!

Para elo o luns recibiremos no noso colexio un baúl de Xogos que solicitamos á Xunta a través do Programa Xogade.

Nel atoparemos: chaves, cordas, trompos, aros, ... e demais materiais cos que entreternos nestas clases e nos recreos.

Por elo, para que vos vaiades poñendo ao día tedes no recuncho de EF e na videoteca 3 páxinas web nas que irvos informando sobre eles.

Ademais comezamos co pintado do chan do patio cuberto cos xogos de chan e espazos onde poder disfrutar con este tipo de actividades.

Irémosvos contando!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.