Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Disfrutando co Xogo Popular

Lembrádevos como era o patio cuberto antes?

(Nestes días fixemos uns pouquiños de cambios nel)

Nunha 1ª fase: mediuse, fíxose un plano del, pasouse á libreta de matemáticas na que cada baldosa (30x30cm) equivalía a unha cuadrícula, e diseñouse como se poderían poñer debuxos de xogos populares nel.

Na 2ª fase: barreuse,debuxouse, perfilouse e pintáronse os xogos.

 

E na 3ª parte: desfrutamos nel xogando cos ...Xogos Populares

Como xa vos anunciaramos, o luns chegou ao noso centro un Baúl con algún dos materiais para practicar Xogos Tradicionais Galegos: trompos, cordas, chapas, chaves, pellos, aros e guiadores, gomas de saltar,... Solicitámolo a través do Programa Xogade no que participa o noso centro

Ademais veu acompañado duns trece grandes paneis que puxemos polo corredor do colexio onde se ilustran e explican as normas, os diferentes tipos, as cancións, os distintos nomes,... destes xogos.

(Se queredes ver os paneis de cerca e leelos pinchade na foto deles na sala de mestres)

Puxémonos á obra. Os maiores repartíronse cada un collendo un dos carteis, prepararon as explicacións do seu xogo, e fomos chamando xa a algún dos cursos para que baixaran ao noso novo patio cuberto para poder practicar algún deles.

Saltando ao peletre, mariola,...

Tentando darlles ás chaves cos pellos

Tirando da corda xogando ó sogatira

Saltando á goma

Xogando ó buscalumes ou as catro esquinas

A rodar o aro co guiador

 

Saltando no caracol

A lanzar os trompos e facendo carreiras coas chapas

 

E outros que aínda que non se mostren nos paneis, xa os coñeciamos por ensinárnolos na casa a xente maior que nós ou traballalos na clase de Educación Física, coma o reloxio, cancións de comba, saltos de corda,...

Ademais nos recreos tamén dispoñemos deste material para poder xogar con el ( pero só esta semana)

A partir de agora a ver se lle collemos máis o gusto e por fin se xoga a outras cousas que non sexa o fútbol na pista ou o pilla. 

Estaremos vixiantes para que esto non sexa así.

Pouco a pouco

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.