(2011-2012) Participación na carreira de Campo a través (2º e 3º ciclo)
O pasado venres 20 de xaneiro participamos todos os nenos e nenas de segundo e terceiro ciclo na competición de cross escolar celebrada en Soutelo.
Sobre as 11:00 comezaron a chamar a todos os participantes para que se fosen colocando na liña de saída.
As primeiras foron as nenas de 3º curso:
Seguíronlle os nenos de 3º, onde Anxo quedou en primeiro lugar:
As seguintes foron as nenas de 4º e 5º curso:
E logo os nenos de 4º e 5º curso:
Algunha mamá tamén apareceu por alí para dar ánimos!
Seguíronlle as nenas de sexto e primeiro da ESO
E remataron os nenos de sexto cos de primeiro da ESO
E como premio final, coma os demais anos, un chocolate quentiño con magdalenas. Aquí o estamos a saborear despois do gran esforzo feito.
Noraboa a todos e todas por vir a participar nel.
Agora queda agardar a que nos manden os resultados.